Radio: Desactivado
Radio:
km Set radius for geolocation
Buscar

ADETO E O COMERCIO LOCAL REPARTEN MÁIS DE 1500€ EN PREMIOS

ADETO E O COMERCIO LOCAL REPARTEN MÁIS DE 1500€ EN PREMIOS

O pasado venres, no salón de Plenos do Concello de Tomiño, ADETO puxo o broche de ouro á campaña de Nadal coa entrega de premios aos gañadores do sorteo celebrado o día 5 de xaneiro.

Os premios repartíronse entre 21 clientes do comercio local gañadores do sorteo.

Gañadores dos premios de Nadak

Os gañadores, 21 en total, repartíronse máis de 1500€ en premios, divididos en lotes de tres premios para cada un. Os regalos, aportados polos comercios pertencentes a ADETO comprendían vales para gastar en roupa ou alimentación, accesos gratuitos a actividades, produtos exclusivos ou regalos sorpresa.

Con este acto, o Centro Comercial Aberto de Tomiño deu por finalizada unha campaña de Nadal que tamén incluíu a visita a Tomiño de Goián de Papá Noel e unha exitosa chocolatada popular que agardan repetir nos vindeiros meses. Todas estas accións de promoción do comercio de proximidade realizáronse coa colaboración e o financiamento do Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia.