Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Buscar

ADETO SÚMASE Á CAMPAÑA “COMERCIO SEGURO”

ADETO SÚMASE Á CAMPAÑA “COMERCIO SEGURO”

A ASOCIACIÓN INTEGROUSE NA CAMPAÑA DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COMERCIO, TURISMO E MERCADOS

Para desenvolver esta campaña utilízase a ferramenta de autoavaliación da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Esta ferramenta elabora un informe personalizado coas medidas necesarias para que se cumpran os requisitos de ‘Comercio Seguro’, en relación coa seguridade fronte á Covid-19.

Aquelas persoas que queiran realizar un autodiagnóstico dos seus establecementos comerciais poden acceder á web comercio seguro. A través deste test, a Federación Provincial de Comercio emitirá un certificado que acreditará para os clientes que ese local é seguro para realizar compras. Este selo da federación do mesmo xeito que o da Confederación Española de Centros históricos entregarase de forma gratuíta a todos aqueles establecementos que forman parte deste organismo e obteñan unha cualificación de elevado ou moi elevado, é dicir, unha puntuación superior a 8 sobre un total de 10.

O selo garante que tanto os empregados como os consumidores dese recinto acóllense a todas as medidas de seguridade e protección establecidas pola administración. O baremo para a emisión deste certificado será o establecido pola Xunta de Galicia no programa de autoavaliación.

A federación realizará revisións periódicas e aleatorias, a través do procedemento de Cliente Misterioso para comprobar se o grao de cumprimento da normativa nos  establecementos co certifico cúmprese para garantir a seguridade e a saúde de consumidores e persoal.

Os establecementos que non superen a avaliación terán un prazo de 15 días para resolver as deficiencias e optar a unha nova revisión que lles permita lograr o selo.

Todo aquel que desexe solicitar o selo ou recibir máis información pode facelo a través do correo de ADETO info@adeto.es ou no teléfono 986.098.902.

Dende Adeto animamos a todos a participar xa que nestes momentos é bo xerar tranquilidade e seguridade nos clientes.