Ponse en marcha a popular campaña do comercio de Tomiño.
A Asociación de empresarios de Tomiño (ADETO) lanza unha nova edición da campaña Pasaporte para premiar a fidelidade dos seus clientes sorteando 500 euros en premios e unha estancia en Alto da Pousa.
Como cada ano, os comercios de Tomiño repartirán entre os seus clientes uns pasaportes con espazo para 6 selos. Cada vez que o propietario do pasaporte faga unha compra, recibirá un selo. Os pasportes con 6 selos diferentes entrarán no sorteo de 500€ para gastar de novo nos máis de cincuenta negocios participantes.
Aqueles que non consigan completar o pasaporte poderán entregalo tamén pois entre os pasaportes incompletos pero con máis de 2 selos sortearase unha estancia en Alto da Pousa para dúas persoas por cortesía de Viajes Galicíes.
A campaña estará activa ata o 4 de setembro e os clientes do comercio local poderán entregar tantos pasaportes como desexen nos establecementos participantes ou na sede de ADETO. Esta inciativa de fomento do consumo no comercio local conta co financiamento da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño e está patrocinada por Viajes Galicíes, Beatriz Dietista, La Dulcekatta, Librería Ideas, Orientalia, Chévere e Lavaseca Tomiño.