Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

COMUNICADO

Desde  ADETO e, seguindo as recomendacións tanto do Ministerio de Sanidade como da  Conselleria de  Sanidade, informamos que a nosa sede permanecerá pechada ao público ata novo aviso.

Tomamos esta decisión como unha medida de prevención ante a propagación e o contaxio do  COVID-19 (Coronavirus).

Seguiremos pendentes do desenvolvemento da situación á hora de informar sobre novas medidas, protocolos ou recomendacións que haxa que aplicar.

De maneira telemática, imos seguir exercendo as nosas funcións coa maior normalidade posible. É por iso que, aínda que a sede estará pechada, seguirémosvos atendendo a través do WHATSAPP no número 986098902 e tamén a través das redes sociais e correo electrónico: info@adeto.es.

Axuntamos dous modelos de certificados que nos chegan dende APE GALICIA, que as empresas terán que entregar os seus traballadores para que poidan xustificar o seu dereito a facer desprazamentos por motivos laborais, de acordo co establecido no decreto sobre o estado de alarma de tódalas empresas e autónomos que non están obrigados o peche.

https://adeto.es/wp-content/uploads/Modelo-certificado.pdf

https://adeto.es/wp-content/uploads/Modelo-certificado-2.pdf