Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Buscar

Concurso logo e lema CCA Tomiño

Concurso logo e lema CCA Tomiño

Tras o peche de recepción dos traballos presentados ao concurso para a creación do logotipo do Centro Comercial Aberto de Tomiño, o xurado designado para a súa valoración realizou o estudo e a valoración do material recibido. Tras a súa deliberación o xurado dispón o seguinte:

  1. Agradecer e valorar positivamente a participación no concurso.
  2. Recoñecer a calidade dos deseños presentados.
  3. Fallar a non elección de ningún dos deseños presentados como gañador do concurso.
  4. Propoñer que se estude a posibilidade de volver realizalo pasados 6 meses, rexéndose mediante as mesmas bases do concurso actual, exceptuando os prazos que nelas aparecen.
  5. A pesar da gran calidade dos traballos presentados e aínda que se axustaban ás especificacións técnicas requiridas na súa maioría, ningunha delas considerouse como representativa de forma integral do que é un CCA.