Radio: Desactivado
Radio:
km Set radius for geolocation
Buscar

Este Nadal, merca con ilusión en Tomiño.

Este Nadal, merca con ilusión en Tomiño.

ADETO e o comercio local convidan aos seus clientes a vivir o Nadal en Tomiño, facendo as súas compras no pequeño comercio e desfrutando das actividades para toda a familia.

O Nadal é unha época de ilusión para pequenos e maiores, un momento de compartir as alegrías. Por iso, a Asociación de Comerciantes de Tomiño lanza a campaña Nadal ADETO, na que se sortearán ata 1500 € en premios para repartir entre as persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ata o 4 de xaneiro.

Esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, inclúe máis sorpresas: ADETO convidou ao mesmísimo Papá Noel a visitar Goián e o centro de Tomiño o mércores 21 e o xoves 22 respectivamente para facer as súas últimas compras nos negocios da zona e para que nenos e nenas poidan levarlle as súas cartas

Ademáis, o día 30, o comercio local de Tomiño invita a todos os seus clientes e veciños a pasar unha tarde moi doce cunha Gran Chocolatada na Praza do Seixo, amenizada cunha actuación musical e con actividades para os máis pequenos.

A receita deste Nadal está lista: Premios, Papá Noel e chocolate, para que o Nadal en Tomiño se encha de alegría e ilusión.