Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Éxito na Festa do Comercio

Éxito na Festa do Comercio

O pasado 3 de setembro, centos de persoas acudiron á Praza do Seixo a celebrar a Festa do Comercio local organizada por ADETO.

Dende primeiras horas da mañá veciños de Tomiño e dos arredores, así como os numerosos visitantes que nestas datas desfrutan das súas vacacións na zona, acudiron a desfrutar dos numerosos atractivos que ofreceu a renovada festa comercial.

Ademáis dos numerosos postos de venta de xoguetes, moda, complementos e estética con novidades e descontos, os asistentes poideron desfrutar ao longo de xornada de demostracións deportivas a cargo de Meu Fit, música en directo con Manu Pereyra, postos de comida, sorteos…

Ademais, os máis pequenos pasárono en grande no inchable de A Esgalla e na actividade que lles preparou Ma Nunú, así como no espazo de xogo libre preparado por Limón y Fresa.

Mención a parte merece o desfile que concentrou as miradas das moitas persoas que se concentraron ao redor da alfombra vermella para aplaudir o bo facer das modelos e os xeniais estilismos de Morell 85, Ro&Ro, Confecciones Isabel, Lito Sport e Streetwise Babi, perfectamente complementados cos peiteados de Arte.

Como colofón á Festa, a Master Class de Zumba fixo bailar a pequenos e maiores que non se gardaron nada e puxeron o broche de ouro á celebración cunha explosión de enerxía.