Radio: Desactivado
Radio:
km Set radius for geolocation
Buscar

Merca en Tomiño e Coida(te) moito.

Merca en Tomiño e Coida(te) moito.

Adeto e comercio local regalan 100 € para coidarse e coidar.

A Asociación de Autónomos de comercio, hostalería e industria de Tomiño lanzou esta semana unha nova campaña enfocada na saúde e no coidado sorteando un vale de 100 € entre os clientes do comercio local para invertir na súa saúde e na dos seus seres queridos.

Para participar na campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Tomiño, os clientes so terán que mercar nos establecementos asociados a ADETO e entrarán directamente no sorteo.

O premio poderá canxearse en Beatriz Dietista, Clínica Dental Lopez Sousa, Clínica Dental Ignacio Rodríguez, Herboristería Hildegarda, Galióptica, Óptica Central, Moldes, Farmacia Iglesias e Veterinaria Baixo Miño. Sendo necesario que se reparta o gasto en, a lo menos, dous dos establecementos.

Con esta campaña ADETO quere axudar aos clientes do comercio local a coidar o que máis queren e facelo aproveitando a multitude de servicios que existen en Tomiño.