Radio: Desactivado
Radio:
km Set radius for geolocation
Buscar

Nace a Asociación de xerentes de CCAs

Xerentes de centros comerciais abertos e mercados de abastos de toda Galicia veñen de poñer en marcha un novo colectivo, a Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e de Zonas Comercias Urbanas, na que están integrados o 90% dos 52 CCAs existentes na comunidade autónoma, entre eles ADETO-CCA.

Segundo explicou o seu presidente, Yonathan Carreira, xerente do CCA Estrela de Marín, a crítica situación pola que está pasando o comercio de proximidade é o que motivou aos xerentes a crear un novo colectivo que lles permita traballar conxuntamente como elementos vertebradores do tecido comercial e implementadores das políticas da Xunta de Galicia, poñendo en común as súas experiencias nas diferentes localidades.

A través desta organización, os xerentes exporán ademais novas liñas de traballo ás administracións para actualizar e dinamizar as liñas de axuda vixentes adaptándoas á realidade actual.

Á reunión constitutiva, que tivo lugar en Santiago a finais de xaneiro, acudiu de xeito informal o secretario xeral de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, con quen se quere establecer un novo marco de traballo que permita “a dinamización real dun sector para o que cada vez se abren máis frontes”.