O número premiado foi obtido en Master Cadena Tomiño
ADETO e os seus asociados buscan a persoa gañadora da campaña do Día dos Namorados tralo sorteo realizado o pasado venres 14 de febreiro. O número agraciado foi o 1602 que se deu en Master Cadena Tomiño é o gañador ou gañadora recibirá unha estupenda viaxe en barco polo Río Miño con cóctel incluído.
Durante a campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e co apoio do Concello de Tomiño, os comercios, os servizos e a hostalería de Tomiño repartiron cerca de 3.000 papeletas aos seus clientes como agasallo pola súa compra.

No sorteo, ademáis do número premiado (o 1602) sacáronse dous máis correspondentes ao primeiro suplente (o 0754, entregado en Galióptica) e o segundo suplente (1283, entregado no Nueva Colina).
Tanto a persoa co número premiado como as que posúan os números suplentes dispoñen duns días para contactar con ADETO e obter o premio.
Dende ADETO anímase aos clientes do comercio local a buscar nas súas carteiras esa rifa premiada cun estupendo -e romántico- paseo polo noso río.