Radio: Desactivado
Radio:
km Set radius for geolocation
Buscar

Para o Día da Nai, atopa o mellor regalo no comercio local.

<strong>Para o Día da Nai, atopa o mellor regalo no comercio local.</strong>

Achégase o Día da Nai e é o momento de agasallar á persoa máis importante das nosas vidas. Sexa un gran regalo ou un pequeno detalle, acordarse dela neste día é imprescindible. E facelo mercando no comercio local é garantía de atopar o regalo perfecto.

ADETO lanza unha campaña para incentivar o consumo nos negocios de Tomiño.

Por iso, para dar co regalo que máis se adapte a que cada persoa, ADETO anima á xente de Tomiño a mercar no comercio local. Ademais, ata o día 7, polas súas compras nos establecementos asociados entrarán no sorteo de vales de 20 € de desconto para volver a gastar nos negocios da vila.

Esta campaña, apoiada pola Xunta de Galicia, o Concello de Tomiño e ABANCA, súmase as iniciativas de ADETO para defender e promocinar o comercio local, imprescindible para darlle vida a Tomiño.