Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Vive o Nadal en Tomiño.

Vive o Nadal en Tomiño.

O comercio local engalánase para vivir un Nadal cheo de actividades, premios e diversión para toda a familia.

Os negocios de Tomiño presentan dende hoxe unha alfombra vermella nas súas entradas para darlle a benvida ao Nadal e acoller aos seus clientes coa calidez propia do comercio local.

Con música de Nadal nas rúas e escaparates decorados aos que se unirán nuns días as fermosas postais feitas polo alumnado dos colexios de infantil e primaria de Tomiño. A redor de 400 debuxos decorarán os escaparates dos establecementos locais para que nenos e nenas, acompañados das súas familias, poidan atopalos mentres camiñan polas rúas.

A isto súmanse as actividades nas prazas para toda a familia e os premios para os clientes que fagan as súas compras nos negocios de Tomiño. O día 5 de xaneiro, na cabalgata de Reis, sortearanse catro vales de compra para premiar a fidelidade dos nosos clientes e facer que comecen o 2025 cunha pequena alegría.

Estas accións, cofinanciadas pola Xunta de Galicia e apoiadas polo Concello de Tomiño, forman parte da campaña de Nadal de ADETO para dinamizar o comercio local e facer que comerciantes, clientes e o público en xeral desfrute da maxia do Nadal en Tomiño.