Os clientes do comercio local que reunan seis selos distintos poderán gañar grandes premios.
Como cada ano, o verán en Tomiño é sinónimo de Pasaporte ADETO. Desde o 10 de xuño xa están a disposición dos clientes do comercio local máis de mil Pasaportes para premiar a fidelidade dos clientes da vila.
A dinámica da campaña e moi sinxela: cada vez que se fai unha compra por importe superior a 15€ o cliente pídelle que lle selen o seu Pasaporte, así ata reunir 6 selos distintos. Entregando o pasaporte cos seus datos en calquera establecemento participante entrará no sorteo de un primeiro premio de 300€ e un segundo de 200€ en vales para mercar en calquera establecemento asociado a ADETO.

Ademais, para aquelas persoas que non cheguen aos seis selos, a asociación de empresas sortea dous premios consistentes en vales de 50€ para gastar no comercio local.
Moda, complementos, servizos de estética e perruquería, saúde, hostalería e moitos máis comercios e servizos nos que poder obter os seis selos e completar o Pasaporte ADETO entre o 10 de xuño e o 6 de agosto. Hai seiscentos euros en xogo!
O Pasaporte ADETO conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e co apoio do Concello de Tomiño e nesta edición conta co patrocinio de Manel Riveiro Peluqueros, Orientalia, Chévere, J. Carrera decoración, Óptica Central, La Dulcekatta e Librería Ideas.