Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Fai match co comercio de Tomiño

Fai match co comercio de Tomiño

Os negocios de Tomiño reparten 50 premios entre os seus clientes.

Dar “like”, facer “match”, ou ser un “crush”, a linguaxe do amor modernízase pero todo se resume no mesmo: conectar con alguén. E nos comercios de Tomiño queremos conectar contigo, polo que te propoñemos que “fagas match” coa nosa nova campaña.

Estes días, coa túa compra nos establecementos asociados a ADETO recibirás medio corazón e se consegues as dúas metades que coincidan… temos un regalo para ti. Unha noite para 2 no Hotel Nova Colina, almorzos para 2 en La Dulcekatta ou hamburguesas para desfrutar en parella en La Dulcekatta foodtruck durante o Entroido de Goián, un regalo sorpresa de Mauna Kai, caixas de bombóns, mochilas de ADETO, e así ata 50 premios directos para os clientes do comercio local.

A campaña enmárcase dentro do plan de dinamización do comercio local de ADETO, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño e comeza este mércores 11 de febreiro ata que todos os premios sexan entregados.