Chámanos

+34 986 09 89 02

Contacta connosco

Envíanos unha mesaxe. Cubrindo este formulario:

Por que deberías asociarte?

A importancia das asociacións para as pequenas empresas.
A unión fai a forza. O pequeno comercio e as pequenas empresas sempre tiveron que lidar con diversos problemas e cambios: ampliación de horarios, apertura de grandes superficies, a crise económica, as tendas online, etcétera.
Aquí é onde entra en xogo a asociación de empresarios e comerciantes que agora máis que nunca sirve para lograr obxectivos que en solitario resultarían máis difíciles de conseguir.
Qué mellor maneira de defender os intereses e dereitos destes colectivos que uníndose a un grupo que persigue mellorar a imaxe e presenza de estes establecementos, e por unha pequena cota anual.

Vantaxes de ser membro?

  • As institucións públicas terán máis presentes as reivindicacións (fai dous anos coa nova taxa do lixo conseguimos que non aplicasen en moitos negocios a taxa que inicialmente tiñan, foi unha negociación na que non acadamos todo o que pedimos pero fomos os únicos que conseguimos algo).
  • Servizos, asesoramento, ofertas que impliquen una redución dos costos e mellora dos marxes.
  • Compartir gastos.
    Participación en todas as campañas que realice a asociación.
  • Lograr unha maior visibilidade grazas a accións que promovan o concello e atraian aos clientes.
  • Presenza nas redes sociais e na páxina web da asociación.
  • Participación en cursos de formación gratuítos.
  • Acceso a información relevante (festivos onde se pode abrir, subvencións, normativas...).

  • Disposición do local da asociación para os que os asociados poidan celebrar reunións, cursos…

As asociacións soen estar presentes nos principais foros que afectan ó comercio. Grazas o cal, a presión e eficacia nas reivindicacións cobran maior forza e visibilidade.

En períodos de festas locais, é importante a visibilidade da marca para animar ó consumidor a realizalas súas compras nas tendas de toda a vida, para elo, a implicación resulta fundamental.

O aumento do consumidor no pequeno comercio redunda en máis xente a consumir no pobo no resto de ámbitos: hostalaría, servizos, industria, etc…

Como podo ser membro ?

Na actualizade págase unha cota anual de 60€, pódese fraccionar en dous pagos, e unha derrama no Nadal de entre 10 e 15€.

Podes pasarte pola nosa oficina sita nas Galerías Comerciais, no local B, da Rúa Gondomar, en horario de mañán, ou mediante contacto no correo electrónico info@adeto.org. ademíais podes decargar o formulario de socio FICHA SOCIO.

XUNTA DIRECTIVA