Máis de 300 postais estarán expostas en negocios da vila.
Os escaparates dos comercios de Tomiño e Goian locen estes días decorados coas postais que realizou o alumnado de infantil e primaria dos colexios da vila.
Máis de 300 postais estaráns expostas durante as vacacións de Nadal para que nenos e nenas busquen as súas e llas ensinen as súas familias. As postais son unha mostra da creatividade da infancia tomiñesa, cheas de imaxinación e cunha ampla variedade de estilos que nos amosan a súa visión do Nadal.
Ademais, un xurado escolleu as catro máis orixinais de cada categoría que se anunciarán ao remate das vacacións escolares. Os autores ou autoras recibirán premios das librarías e xogueterías locais.