Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Xa está aquí a Festa do Comercio 2023

Xa está aquí a Festa do Comercio 2023

Haberá máis dunha vintena de postos de comercio e actividades e actuacións para todos os públicos.

Este sábado 2 de setembro volve a Festa do Comercio á Praza do Seixo en Tomiño. Baixo o lema ‘O teu comercio sae á rúa’ máis dunha vintena de establecementos da localidade e dos arredores estarán presentes na Festa con postos de moda para todos os estilos, complementos, xoiería, artesanía, xoguetería, decoración,  e un amplo etcétera de produtos do pequeno comercio.

A festa dará comezo ás 10:30 e na sesión vermú chegará un dos platos fortes da xornada coa actuación de Terapia de Grupo, un dos grupos máis seguidos da zona. Xa pola tarde, ás 17:00 organizarase un desfile de moda con roupa das tendas presentes na Festa e seguidamente farase un sorteo e entrega de premios sorpresa entre os asistentes.

Durante todo o día, para a infancia haberá un inchable, actividades a cargo de Canguriños e espazo de xogo libre cos xoguetes de Limón y Fresa. Ademais, ofreceránse talleres de cociña para grupos reducidos a cargo de Tupperware.

O fin de festa contará cunha master class de Zumba e a actuación do DJ máis novo de Galicia: DJ Foxterrier que porá o peche a unha xornada festiva organizada por ADETO co apoio da Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño.