Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Día do Pai

Día do Pai

Porque papá merece o mellor, merca no comercio local.

Con motivo do Día do Pai lanzamos esta campaña para que merques nos establecementos asociados a ADETO e poidas gañar un dos vales que sorteamos.
Ata o día 23 de marzo, coas túas compras recibirás un boleto que debes cubrir cos teus datos persoais e entregar o último día da campaña Feira de Primavera que terá lugar na Praza do Seixo.
Alí teremos unha urna disposta para que deposites as túas papeletas e ao final do día faremos o sorteo.

Que podes gañar? sorteamos tres vales: 50€ para gastar en comercios e servizos, 50€ para gastar en saúde e imaxe persoal e 25€ para hostelería; todos eles cun prazo de tres meses e válidos en establecementos asociados a ADETO.

Así que, xa o sabes, merca en Tomiño e leva as túas papeletas (cantas máis, mellor) a Feira da Primavera o día 23 de marzo, un dos tres vales pode ser teu!