Radio: Desactivado
Radio:
km Set radius for geolocation
Buscar

Entregados os premios ás Postais de Nadal

Entregados os premios ás Postais de Nadal
Durante o Nadal, centos de postais feitas por nenos e nenas de Tomiño decoraron os escaparates do comercio local.

Estes días entregamos os catro premios ás postais escolares que decoraron os escaparates e os locais dos negocios de Tomiño.

Mabel recibiu o premio de Limón y Fresa para a categoría de infantil.

Mateo recibiu o premio de Libería Ideas para a categoría de 1º e 2º de primaria

Leo recibu o premio para alumnado de 3º e 4º de primaria.

E Yaiza o premio para a categoría de 5º e 6º de primaria.

O xurado destacou a beleza das propostas gañadoras así como a creatividade e gran variedade de motivos e estilos nas propostas participantes.

Desde ADETO agradecemos ao CRA Mestre Manuel Garcés, CEIP Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández, CEIP de Sobrada, CEIP Plurilingüe de Tebra e CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán e a todo o seu alumnado pola súa implicación nesta iniciativa.