Novas
info@adeto.es

O comercio de Tomiño invítate a querer(te).
Ante a proximidade do `Día dos Namorados’, ADETO refai a súa campaña Quére(te) moito invitando aos tomiñeses e tomiñesas a buscar nos establecementos da vila ideas para agasallar aos seres queridos ou, no nome do amor, agasallarse a un mesmo.

REBAIXAS DE INVERNO
Grandes descontos nos comercios de Tomiño Chegan as rebaixas de inverno ao comercio local. Os mellores descontos pero coa proximidade, atención e calidade de sempre. Aproveita as rebaixas e merca na tú vila: o mellor 2×1 posible!Adeto, xuntos medramos.

Os Reis Magos perden as capas en Tomiño.
Chega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.

Purificación Peluquería
Peluquería Unisex Purificación Peluquería Cortes clásicos ou novas tendencias, para un cambio de estilo ou para un evento especial, o que precises! Séguea nas redes sociais para poder ver os seus traballos ou visítaa na Rúa Gondomar, 17, no centro de Tomiño.

Ma Nunú
Servicios para a familia e a infancia. Presentámosvos este novo establecemento asociado: Ma Nunú. Un lugar de respeto e acompañamento para familias, infancia e adolescencia que xa está en Tomiño. Ioga no embarazo, belly-painting, talleres lúdico-educativos para nenos e nenas… e moito máis! Seguídeos nas redes sociais ou visitádeos en Av. Ordóñez, 53, en Goián.

PONTE GUAP@
Merca en Tomiño e gaña 3 vales para gastar en moda e estética. Desde o mércores 15 ao sábado 25 os clientes que merquen no comercio asociado participarán no sorteo de tres vales de cincuenta euros para gastar en moda e estilismo escollendo entre Confecciones Isabel, Roupa Paredes, Rodríguez Moda, Ro&Ro, Lito Sport, Morell*85, Streetwise Babi e Calzados González para roupa, calzado e complementos e entre Purificación Peluquería, Peluquería L&R, Arte Salón Orgánico, Riveiro Peluqueros, A Coquetiña, Peluquería Isabel Rodríguez, Espazo VIP e Donna Bella para servicios de perruquería e estética. Coa chegada dos meses de verán toca renovar o armario, prepararse para eventos e ocasións especiais ou cambiar de look para adaptarse á chegada do calor. Para todos os estilos e para todos os gustos, con produtos e servizos de calidade e con todo o valor engadido de mercar no comercio local. Non o dubides, elixe Tomiño e Ponte guap@. Con esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, queremos poñer en valor e visibilizar a ampla oferta de moda e imaxe persoal do municipio e animarvos a descubrir todo o que ofrece o comercio local. Para máis información, consulta as bases. Bases-campaña-5Descarga

DÍA DA NAI
Invitámosvos a almorzar Porque mamá merece o mellor… e o mellor está en Tomiño! Queremos axudarche a atopalo: moda, viaxes, cosmética, saúde, beleza, alimentación, libros, … as mellores ideas para a persoa máis especial están no comercio de proximidade. Nesta ocasión queremos sumar ao teu regalo outro máis: faite unha foto con mamá e o seu regalo mercado nos establecementos asociados e poderás gañar un dos 5 almorzos que sorteamos. Segue as instrucións da imaxe e… sorte! Bases da campañaDescarga SOCIOS 2022_listadoDescarga

FOGAR DOCE FOGAR: O NÚMERO PREMIADO É…
A papeleta gañadora da campaña ‘Fogar, doce fogar’ foi entregada en A COQUETIÑA e correspóndese co número 4183 O número será premiado cun vale de 200 € para gastar en Granitos Álvarez, Muebles Álvarez, Ferretería A Roda, J. Carrera Decoración, Muebles Costa, Carpintería Melo Otero, Instalaciones García Abollo, Instalbami, Foncel, Materiales de Construcción Francisco Fernández, Máster Tomiño, Carpintería Sergio Almeida e/ou Sumycol. Se tes a papeleta con este número: NORABOA! Ponte en contacto con ADETO a través das nosas redes sociais, no 698 19 37 29 ou no noso local nas galerías da Rúa Gondomar, 40. Tomiño. Doce-fogar_Bases-campañaDescarga

‘Fogar, doce fogar’: 200 € para a túa casa por cortesía do comercio tomiñés.
A Asociación de autónomos de comercio, hostelería e industria de Tomiño (ADETO), inicia este mércores 30 unha campaña para axudar aos seus clientes a facer esa mellora na súa casa que teñen pendente. “Unha reparación, un moble novo, unha instalación pendente ou redecorar o salón… o que queiras! Os mellores profesionais e os mellores productos están en Tomiño; e queremos que os atopes! Por iso sorteamos un vale de 200€ entre os clientes dos nosos establecementos asociados”. Con esta campaña, coa que colaboran o Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia, ADETO pretende favorecer o consumo no comercio de proximidade e, ao mesmo tempo, premiar a algún cliente coa posibilidade de facer unha inversión extra no seu fogar. O número premiado coñecerase o luns 11 ás 11:30. O premio, un vale de 200 €, poderá ser gastado en polo menos en dous establecementos entre e Granitos Álvarez, Muebles Álvarez, Ferretería A Roda, J. Carrera Decoración, Muebles Costa, Carpintería Melo Otero, Instalaciones García Abollo, Instalbami, Foncel, Materiales de Construcción Francisco Fernández, Máster Tomiño, Carpintería Sergio Almeida e Sumycol. Bases da campañaDescarga

Sorteo Quére(te) moito
A papeleta gañadora da campaña ‘Quére(te) moito’ foi entregada en Confecciones Isabel e correspóndese co número 1467 O númereo será premiado cun vale de 100 € para gastar en Merería Chantilly, Joyería Pazo, Floristería Lilas, Viveros Nilo, Pazo Valdomiño, Altos de Torona, Hebe, Nobel, Perfumería y droguería Chévere e Viajes Galicíes. Se tes a papeleta con este número: NORABOA! Ponte en contacto con ADETO a través das nosas redes sociais, no 698 19 37 29 ou no noso local nas galerías da Rúa Gondomar, 40. Tomiño.

Sorteo ‘O bo servizo’
O BO SERVIZO O número premiado da campaña ‘O bo servizo’ foi o… 53399 Este boleto foi entregado en Calzados González Se é o teu número contacta con ADETO a través do 698 19 37 29 ou no noso local nas galerías da Rúa Gondomar, 40, en Tomiño. Un vale de 100 € para gastar en servizos que sempre fan falta e que… están en Tomiño! #Adeto#XuntosMedramos#ComercioLocal#enTomiño

La de Maika (Centro Tomiñés)
La de Maika, no emblémático edificio do Seixo antes coñecido como Casino de Tomiño, conta con sala de cafetería, sala de proxeccións e un salón de actividades ademáis dunha estupenda terraza. Un lugar estupendo para almorzar, comer, cear ou tomar un café coa súa riquísima repostería caseira.

Sorteo RICO, RICO.
O número premiado no sorteo da campaña ‘RICO, RICO’ celebrado hoxe é:39887 Entregado en Alimentación y Estanco Empalme. Se tes a papeleta con este número contacta con ADETO a través do 698 19 37 29 ou no noso local nas galerías da Rúa Gondomar, 40. Tomiño. Hai un vale de 100€ agardando por ti!Adeto: xuntos medramos.

RICO, RICO
Convidámoste a comer! Participa coas túas compras nos establecementos asociados e gaña un vale de 100€ para gastar só ou acompañado en Tapería Os Casqueiros, Trece Tapas, Olalá, Bar Xuventud, Woody Pool, Cafetería San Telmo, La de Maika ou Nueva Colina, ti escolles. Unha cea en parella, unha comida familiar, uns viños e tapas cos amigos, … o que queiras, invita o comercio local! Mercar en Tomiño ten premio.

Sorteo ‘Xoga, crece, descobre, ri’
O número premiado no sorteo da campaña ‘Xoga, crece, descobre, rí’ celebrado hoxe é:32053Entregado na Clínica Dental Ignacio Rodríguez Núñez.Se tes a papeleta con este número contacta con ADETO a través do 698 19 37 29 ou no noso local nas galerías da Rúa Gondomar, 40. Tomiño.Hai un vale de 100€ agardando por ti!

Xoga, crece, descobre, ri
Comenzamos unha nova campaña, desta vez pensando nos máis pequenos.Do 1 ao 10 de setembro participa en ‘Xoga, crece, descobre, ri‘.Nesta nova campaña poderás gañar un vale de 100 € para gastar en Librería Novidades, La Reina Caracola, Festa A Esgalla, Turleka Animaciones ou Martian Toys. So terás que mercar ou consumir nos establecementos asociados a ADETO e entrarás no sorteo que se celebrará o día 10 de setembro ás 13:30.Consulta aquí as bases da campaña.Apoiar o comercio local ten premio!

Sorteo Campaña Aliméntate Ben
Bos días, Este é o número premiado no sorteo da “Aliméntate Ben”. 24106 Esta papeleta foi entregada en *Hotel Nueva Colina* A persoa gañadora pode porse en contacto con nós por teléfono ou WhatsApp no número 986.098.902 para recoller o vale.

Aliméntate Ben
Porque no comercio local sempre atoparás produtos frescos, de calidade e gran variedade. O vindeiro mércores día 21 de xullo damos comezo a outra nova campaña que terá lugar ata o día 30 e no que os participantes entrarán no sorteo dun vale de 100€ para gastar nos establecementos que aparecen no cartaz da campaña. Consulta aquí as bases da campaña. O día 30 realizaremos o sorteo e publicaremos o número premiado aquí na web e tamén no noso facebook e tamén no instagram.

Sorteo Campaña Cóidate Moito
Bos días, Este é o número premiado no sorteo da “Cóidate Moito”. 15842 Esta papeleta foi entregada en *L&R Peluquería* A persoa gañadora pode porse en contacto con nós por teléfono ou WhatsApp no número 986.098.902 para recoller o vale.

Cóidate moito
Porque a sabemos que a túa sáude é moi importante, “Cóidate moito” O vindeiro xoves día 1 de xullo damos comezo a outra nova campaña que terá lugar ata o día 8 e no que os participantes entrarán no sorteo dun vale de 100€ para gastar nos establecementos que aparecen no cartaz da campaña. Consulta aquí as bases da campaña. O día 9 realizaremos o sorteo e publicaremos o número premiado aquí na web e tamén no noso facebook e tamén no instagram.

Sorteo Campaña Ponte Guap@
Bos días, Este é o número premiado no sorteo da “Campaña Ponte Guap@”. 7281 Esta papeleta foi entregada en *Farmacia Iglesias* A persoa gañadora pode porse en contacto con nós por teléfono ou WhatsApp no número 986.098.902 para recoller o vale.

Ponte Guap@
“Ponte Guap@” O vindeiro luns día 7 de xuño damos comezo a outra nova campaña que terá lugar ata o día 17 e no que os participantes entrarán no sorteo dun vale de 100€ para gastar nos establecementos que aparecen no cartaz da campaña. Consulta aquí as bases da campaña O día 18 realizaremos o sorteo e publicaremos o número premiado aquí na web e tamén no noso facebook e tamén no instagram.

Sorteo campaña Quérete Moito
Bos días,Este é o número premiado no sorteo da “Campaña Quérete Moito”. 1533 Esta papeleta foi entregada en *Casa Pino*, en Forcadela. A persoa gañadora pode porse en contacto con nós por teléfono ou WhatsApp no número 986.098.902 para recoller o vale.

Campaña Quérete moito
O vindeiro luns día 10 damos comezo a esta nova campaña que terá lugar ata o día 20 de maio e no que os participantes entrarán no sorteo dun vale de 100€ para gastar nos establecementos que aparecen no cartaz da campaña. Consulta aquí as bases da campaña O día 22 realizaremos o sorteo e publicaremos o número premiado aquí na web e tamén no noso facebook e tamén no instagram.

Nova imaxe ADETO
Vos presentamos a nova imaxe corporativa da asociación. Esperamos que vos guste. Logo que representa á asociación Logo que representa ó centro comercial aberto

Bonos Activa Comercio
BONOS ACTIVA COMERCIO – PROCESO DE ALTA Quen pode adherirse? Calquera establecementos comercial de Galicia que cumpra os requisitos do programa. (Espígrafes do IAE establecidos pola Xunta de Galicia) Rexistro para comerciantes: 1.- Rexístrate en www.bonosactivacomercio.gal 2.- Cubre os datos que se solictan na web 3.- Descarga a APP “Bonos activa comercio” 4.- Coloca o teu distintivo nun lugar visible (preferiblemente no escaparate) COMO É O PROCESO DE COBRO? 1.- O cliente deberá amosar o seu código QR 2.- O comerciante accederá á APP “Bonos Activa Comercio” e tecleará o importe da compra. 3.- A APP valida e calcula o prezo final 4.- Aparecerá unha pantalla co texto “OPERACIÓN VALIDADA” – click en APLICAR 5.- A plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o Wallet do cliente 6.- A entidade financieira efectúa o pago da cantidade descontada ao comercio previa autorización da Xunta de Galicia.

Premiados Día do Pai
Xa temos as tres premiadas do sorteo.Felicidades #mercaenTomiño#sorteos#comerciotomiño#comerciolocal

DIA DO PAI
Xa queda pouco para o Día do Pai.Se aínda non tes o seu agasallo , sabes que no comercio local de Tomiño atoparás a solución: roupa , bricolaxe coidado corporal, un xantar … E por comprar nos establecementos asociados participarás no sorteo que realizaremos o día 25. #DíadoPai#mercaenTomiño#comercioseguro#comerciotomiño#ComercioLocal#MercaLocal#Agasallos Adeto Tomiño

PREMIADOS CAMPAÑA DE NADAL
Pouco a pouco van pasando pola nosa sede os premiados a recoller os vales da campaña de Nadal, pero aínda falta algún así que se todavía non revisaches as túas papeletas, todavía estás a tempo. Podes revisar aquí os números premiados. Por motivos persoais estaremos uns días pechados, pero tan pronto como esteamos de volta vos avisaremos. Parabéns ós premiados. #campañanadal#valescompra#premiosnadal#adetotomiño
CARTA BAR XUVENTUD
Debido ás novas restricións implantadas pola Xunta de Galicia, informamos os nosos clientes que poñemos á vosa disposición o servizo de comidas para levar de venres a domingo de 20 h a 22 h. Teléfono 986.622.579 Deixámosvos a carta para que lle botedes unha ollada
SORTEO RIFAS NADAL
Aquí vos deixamos as listaxes das rifas premiadas no sorteo celebrado o pasado venres. premios-comerciosDownload premios-adetoDownload

Campaña de Nadal
Arrancamos a campaña de Nadal Polas túas compras nos establecementos asociados recibirás papeletas para participar no sorteo de vales e agasallos que celebraremos o día 8 de xaneiro.Xa sabes garda as túas papeletas e sorte!!! Publicaremos os números premiados nas redes sociais e tamén os deixaremos nos establecementos. #comprasnadal#comerciolocal#comerciotomiño#adetotomiño

Compra Nadal, Compra Local
Este ano máis que nunca as túas compras de Nadal no comercio local Ademais temos boas novas, xa que moitos dos teus comercios enviaranche as túas compras onde necesites. Que as restricións non che impidan entregar os teus agasallos de Nadal

Compra e Gaña!!!
🔴Nova campaña de Adeto.Polas túas compras nos establecementos asociados poderás conseguir unha destas mochilas de tea que fixemos para ti, coa colaboración do Concello de Tomiño.As existencias son limitadas, así que corre que voan⏳⏳

BOLSAS ADETO
Hoxe toca saír a repartir estas bolsas de papel aos nosos asociados. Que vos parecen? A nós encántannos Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial.

PASAPORTE ADETO
ESTE VERÁN CUBRE O TEU PASAPORTE ADETO Pasos a seguir: Consigue o teu pasaporte nun dos establecementos adheridos á campaña.Cando fagas unha compra de 20 € ous máis nun destes establecementos, pide que te selen o pasaporte nunha das casiñas.Completa o teu pasaporte en 6 establecementos diferentes e entrégao nun deles antes do 3 outubro.Non o completaches?? Pois podes entregalo de todos modos antes do 3 de outubro. Premios: Premio de 500 € en vale de compra para consumir nos establecementos participantes a sortear entre todos os pasaportes completos.Unha noite para dúas persoas en Aloia Nature con jacuzzi, a sortear entre todos os pasaportes incompletos. Datas: Do 10 de agosto ó 30 de setembro de 2020 Prazo máximo para entregar o pasaporte (cuberto ou non): 3 de outubro Sorteo: 9 de outubro ás 13 h no local de ADETO. Comercios Participantes: Servicios: • Consulvin • Peluquería L&R • Arte Peluquería • Manel Riveiro Peluqueros • M&R Dixital • Video Club Titos • Sumycol • Lavandería Baixo Miño • Clínica Dental López Sousa • Talleres Resoni • Taller Rías Baixas • Farmacia Iglesias • Moreimiño Servicios • Clínica Dental Ignacio Rodríguez Comercio: • Roupa Paredes • Confecciones Isabel • Ro&Ro • […]

Campaña Bono Adeto Activa/Actívate
Á venda os ‘Bono Adeto’. Con estes bonos por valor de 20 euros, os clientes poderán gastar 25 euros nos establecementos asociados dende este mércores A Asociación ADETO puxo en circulación os ‘Bono Adeto’. Son bonos de 20 euros que poderán gastar nos comercios onde atopes o cartaz da campaña por valor de 25 euros (desde a asociación regalan cinco euros). Durante este mes de xullo e ata fin de existencias poñeranse ao dispor dos clientes bonos que terán que utilizarse antes de que acabe o mes desde a súa adquisición. Pasada a data de caducidade que aparece nos propios bonos xa non se poderán utilizar. Ademais, os 25 euros non son fraccionables, nin acumulables, deben gastarse dunha soa vez e 1 por compra e limítase a 4 a cantidade de bonos a comprar por unha persoa. Hai 3 puntos de venta destes bonos que son: a oficina de Adeto, Consulvin e La Reina Caracola. Con esta campaña preténdese apoiar ao pequeno comercio asociado a través de bonos de compra, buscando incentivar a compra no sector comercial, hostaleiro e de servizos, así como o beneficio dos consumidores cun aforro do 20% á hora de facer as súas compras. Consulta aquí […]

Tomiño recibe os primeiros selos de Comercio Seguro
Os primeiros galardoados alcanzaron as máximas notas nunha avaliación que ten a Xunta de Galicia a disposición dos establecementos. A Federación Provincial entrega nesta localidade os primeiros selos dunha campaña que infunde confianza nos consumidores. Estes selos acreditan como “Comercio Seguro” ós pequenos establecementos que aplican os protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta trala crise do Covid-19. Os selos de “Comercio Seguro” foron entregados aos propietarios de Lito Sport, Hebe Estética, Clínica Dental Ignacio Rodríguez e Arte Peluquería. Realizaron a entrega a alcaldesa Sandra González, o concelleiro de promoción económica Francisco Campo, a vicepresidenta, o secretario e a xerente de Adeto, Marta Álvarez, Iago Pérez e Lorena Quinteiro, e o secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados Enrique Núñez. Estes establecementos foron os primeiros en cumprimentar a autoavaliación da Xunta de Galicia dentro da plataforma www.comerciosegurogalicia.com conseguindo a nota de “Elevado” e “Moi Elevado” que outorga a citada plataforma. A vindeira semana seguiranse repartindo distintivos a outros establecementos que tamén superaron a autoavaliación da Xunta de Galicia. Dende ADETO confíase en que “todos os comercios leven a cabo a súa avaliación e soliciten o seu distintivo.

ADETO SÚMASE Á CAMPAÑA “COMERCIO SEGURO”
A ASOCIACIÓN INTEGROUSE NA CAMPAÑA DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE COMERCIO, TURISMO E MERCADOS Para desenvolver esta campaña utilízase a ferramenta de autoavaliación da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Esta ferramenta elabora un informe personalizado coas medidas necesarias para que se cumpran os requisitos de ‘Comercio Seguro’, en relación coa seguridade fronte á Covid-19. Aquelas persoas que queiran realizar un autodiagnóstico dos seus establecementos comerciais poden acceder á web comercio seguro. A través deste test, a Federación Provincial de Comercio emitirá un certificado que acreditará para os clientes que ese local é seguro para realizar compras. Este selo da federación do mesmo xeito que o da Confederación Española de Centros históricos entregarase de forma gratuíta a todos aqueles establecementos que forman parte deste organismo e obteñan unha cualificación de elevado ou moi elevado, é dicir, unha puntuación superior a 8 sobre un total de 10. O selo garante que tanto os empregados como os consumidores dese recinto acóllense a todas as medidas de seguridade e protección establecidas pola administración. O baremo para a emisión deste certificado será o establecido pola Xunta de Galicia no programa de autoavaliación. A federación realizará revisións periódicas e aleatorias, a través do procedemento […]

Concurso logo e lema CCA Tomiño
Tras o peche de recepción dos traballos presentados ao concurso para a creación do logotipo do Centro Comercial Aberto de Tomiño, o xurado designado para a súa valoración realizou o estudo e a valoración do material recibido. Tras a súa deliberación o xurado dispón o seguinte: Agradecer e valorar positivamente a participación no concurso. Recoñecer a calidade dos deseños presentados. Fallar a non elección de ningún dos deseños presentados como gañador do concurso. Propoñer que se estude a posibilidade de volver realizalo pasados 6 meses, rexéndose mediante as mesmas bases do concurso actual, exceptuando os prazos que nelas aparecen. A pesar da gran calidade dos traballos presentados e aínda que se axustaban ás especificacións técnicas requiridas na súa maioría, ningunha delas considerouse como representativa de forma integral do que é un CCA.

PREVENCIÓN E SAÚDE LABORAL EN DIFERENTES SECTORES
PERRUQUERÍAS – GUÍA PERRUQUERÍAS – DÍPTICO PERRUQUERÍAS – CARTAZ COMERCIO – GUÍA COMERCIO – DÍPTICO COMERCIO – CARTAZ SUPERMERCADOS – CARTAZ SUPERMERCADOS – GUÍA OFICINAS – CARTAZ OFICINAS – GUÍA OBRAS DE REHABILITACIÓN, REFORMAS E REPARACIÓNS EN EDIFICACIÓNS – CARTAZ TENDAS DE ALIMENTACIÓN – CARTAZ TENDAS DE ALIMENTACIÓN – GUÍA GASOLINEIRAS – CARTAZ GASOLINEIRAS – GUÍA
DESESCALADA
Cronograma desescalada Plan de transición para a nova normalidade Previsión para o levantamento das limitacións Panel de indicadores

TOMIÑO SUMA
ADETO, Concello de Tomiño e un grupo de voluntarios xuntos na confección de mascarillas reutilizables para repartir nos establecementos abertos. Antes que nada queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que fixeron esta iniciativa posible e tamén ás que se ofreceron para axudar dunha forma ou outra pero por motivos de loxística e coordinación finalemente non lles levamos o material. O pasado 15 de abril publicouse a norma UNE 0065:2020, elaborada polo Ministerio de Sanidad e varias institucións e entidades competentes, onde se establecen as condicións que deben cumprir as mascarillas hixiénicas reutilizables e as instrucións para a súa correcta elaboración artesanal. Así que ADETO e o Concello de Tomiño puxéronse mans a obra para poder fabricar máscaras hixiénicas reutilizables para entregar á poboación. Varias persoas vinculadas á asociación así coma outras que non o son, encargáronse de forma voluntaria da confección das máscaras. O Concello puxo á disposición de Adeto o material preciso, Protección Civil distribuiu todo o material entre as costureiras e segundo se vai rematando o traballo van a recollelo e despois as limpadoras municipais desinfectan as máscaras con ozono e as empaquetan en bolsas individuais. Unha vez embolsadas as máscaras serán repartidas por diferentes comercios […]
INFORMACIÓN INTERESE COVID-19
Aquí vos iremos deixando enlaces de interese acerca do estado de alarma, axudas, comunicados, etc. *Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral (12/04/2020) A Xunta de Galicia a través do ISSGA – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia publicou unha GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS. *Ministerio de Sanidade: Guía de boas prácticas nos centros de traballo O Ministerio de Sanidade actualizou con data 11 de abril a “Guía de boas prácticas nos centros de traballo”. *Posta en marcha dun novo portal web para consultas: A Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, acaban de por en marcha un portal web co obxectivo de informar acerca de todas as medidas implantadas para facer fronte á situación provocada pola crise do coronavirus COVID-19. Proporciónase acceso a toda a información que poida ser de interese para a cidadanía e, en especial, para o comercio, PEMES e autónomos. O portal está en actualización constante. Comerciogalicia.org *Guía para o desenvolvemento da actividade comercial a distancia e en zonas rurais – 31/03/20: *Resumo medidas aprobadas o día 29/03/20: *Enlace a un artigo sobre como solicitar a nova prestación extraordinaria para autónomos afectados polo covid-19 – 23/03/20: *Guía […]

Concurso logo e lema CCA Tomiño
ADETO pón en marcha un concurso para buscar un logotipo e lema para o Centro Comercial Aberto de Tomiño, ata agora “ADETO, o natural é mercar aquí” As persoas interesadas en participar poderán presentar as súas propostas ata o 30 de abril, no correo info@adeto.es. O obxectivo do concurso é crear coa axuda dos participantes, un novo logotipo e lema destinados a ser a imaxe representativa do Centro Comercial Aberto de tomiño, que engloba a tódolos sectores, comercio, hostalaría, servizos.
COMUNICADO
Desde ADETO e, seguindo as recomendacións tanto do Ministerio de Sanidade como da Conselleria de Sanidade, informamos que a nosa sede permanecerá pechada ao público ata novo aviso. Tomamos esta decisión como unha medida de prevención ante a propagación e o contaxio do COVID-19 (Coronavirus). Seguiremos pendentes do desenvolvemento da situación á hora de informar sobre novas medidas, protocolos ou recomendacións que haxa que aplicar. De maneira telemática, imos seguir exercendo as nosas funcións coa maior normalidade posible. É por iso que, aínda que a sede estará pechada, seguirémosvos atendendo a través do WHATSAPP no número 986098902 e tamén a través das redes sociais e correo electrónico: info@adeto.es. Axuntamos dous modelos de certificados que nos chegan dende APE GALICIA, que as empresas terán que entregar os seus traballadores para que poidan xustificar o seu dereito a facer desprazamentos por motivos laborais, de acordo co establecido no decreto sobre o estado de alarma de tódalas empresas e autónomos que non están obrigados o peche. https://adeto.es/wp-content/uploads/Modelo-certificado.pdf https://adeto.es/wp-content/uploads/Modelo-certificado-2.pdf

Participantes na campaña Vai de Callos
Nestes establecementos poderás obter o teu vale de 2€ desconto para a III festa dos callos, e tamén poderás canxear o vale do 10% que te derán coa tapa de callos o día 8 de marzo. Consulvin Clínica Dental López Sousa La Reina Caracola Lavandería Baixo Miño Lito Sport Roupa Paredes Agrícola Tomiño J. Carrera Decoración Floristería Lilas Master Tomiño Carnicería Florentiña Óptica Central Calzados González Entrelagar Joyería Pazo Hebe Estética Perfumería Nobel Moldes Tomiño Peluquería L&R MartianToys Morell*85 Galióptica Confecciones Isabel Herboristería Hildegarda Chévere Librería Novidades Rodríguez Moda Arte Peluquería

Vai de callos!!!
Vai de callos!!!Este ano ADETO colabora na III festa dos callos organizada polo Tomiño Fútbol Club.Dende hoxe e ata o día 7 de marzo polas túas compras superiores a 15€ nos establecementos participantes, recibirás un vale de 2€ de desconto para a túa tapa de callos. E para todos aqueles que vaian a tomar a tapa de callos, coa mesma recibirán unha papeleta co 10% de desconto nos comercios que participaron na campaña (desconto suxeito ás condicións de cada establecemento) Bo preveito😉

Entroido en Carnicería Florentiña
Tempo de Entroido…e de cocido, lacón, cacheira…Hoxe imos co Concello a Carnicería Florentina que, dende 2008, ofrece unha ampla gama de produtos de calidade; moitos de elaboración propia. Ao frente do negocio están Mari, Juan e Jaime, que pronto estrearán vestiario para estar á altura -din- da nova rúa A Guarda.

Entroido en Entrelagar
Tempo de Entroido. Seguimos visitando hoxe EntreLagar, de Beti e Mariluz. Produtos típicos de Entroido (androlla,botelo, cacheira, chourizo, lacón, faba de Lourenzá…), produtos gourmet, da terra e ecolóxicos. Abren, incluso, os domingos pola mañá.

Entroido en Camiño Novo
É tempo de cocido, de lacón con grelos, de orellas de carnaval, de filloas… é tempo de Entroido. Adeto e o Concello de Tomiño queremos convidarvos a celebralo en Tomiño. Visitamos Panadería Pastelería Camiño Novo, unha cafetería, panadería, pastelaría con máis de 12 anos na nosa vila. As súas raíces atópanse no Camiño Novo Horno, que elabora pan dende o ano 1950. Ás orellas típicas de Entroido, súmanse doces, tartas, pans, cafés, infusións… grazas Marisol e Noelia por recibirnos tan ben.

Entroido 2020
Qué pouquiño queda para o Entroido.Dende Adeto queremos convidar a todos a celebralo en Tomiño comezando no Seixo co “Venres de Foliada” e, dende o sábado ata o mércores, co tradicional “Entroido en Goian”. E que mellor maneira para prepararse que achegarse ata os establecementos do pobo onde atoparás disfraces, complementos, productos e postres típicos destas datas…, a qué esperas, celebra o ENTROIDO EN TOMIÑO

Rebaixas en Agrícola Tomiño
Rematamos a campaña no Agrícola Tomiño, tenda con 11 anos na nosa vila, especializada en produtos de campo, cultivos, alimentación animal, xardinería, etc. Descontos especiais en varios produtos.

Rebaixas en Óptica Central
Últimas semanas de Rebaixas con Adeto. Hoxe imos a Óptica Central, aberta hai 14 anos en Tomiño. Descontos de até o 50% en lentes graduadas e de sol.Centro adherido ao Sergas, no que realizan estudos da vista gratuitos, medición da tensión ocular…e un longo etcétera.

Rebaixas en Hogar Bouzada
Seguimos de Rebaixas con Adeto, pois aínda quedan varios días. Hoxe visitamos, da man de Mari, Hogar Bouzada, onde podemos atopar unha ampla gama de produtos para a casa, como vaixelas, cafeteras, batidoras, aspiradoras…con descontos de até o 20%.

Rebaixas en Joyería Pazo
E seguimos indo de Rebaixas. Hoxe visitamos a Joyería Pazo. Unha amplísima colección en xoiaría e reloxaría. Descontos do 20% en algunhas marcas de reloxos e ofertas especiais. Grazas Lourdes pola túa atención.

Rebaixas en Moldes Tomiño
Seguimos de Rebaixas en febreiro. Hoxe imos a Moldes Tomiño, unha empresa especializada en persoas e orientada ao servicio. Máis de quince anos de experiencia. Descontos en zocos de descanso.

Premios ADETO
E aquí temos cinco dos setes gañadores dos vales de compra que sorteamos entre todas aquelas persoas que cubriron os seu nome nos cartóns. Parabéns a todos.
Nace a Asociación de xerentes de CCAs
Xerentes de centros comerciais abertos e mercados de abastos de toda Galicia veñen de poñer en marcha un novo colectivo, a Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e de Zonas Comercias Urbanas, na que están integrados o 90% dos 52 CCAs existentes na comunidade autónoma, entre eles ADETO-CCA. Segundo explicou o seu presidente, Yonathan Carreira, xerente do CCA Estrela de Marín, a crítica situación pola que está pasando o comercio de proximidade é o que motivou aos xerentes a crear un novo colectivo que lles permita traballar conxuntamente como elementos vertebradores do tecido comercial e implementadores das políticas da Xunta de Galicia, poñendo en común as súas experiencias nas diferentes localidades. A través desta organización, os xerentes exporán ademais novas liñas de traballo ás administracións para actualizar e dinamizar as liñas de axuda vixentes adaptándoas á realidade actual. Á reunión constitutiva, que tivo lugar en Santiago a finais de xaneiro, acudiu de xeito informal o secretario xeral de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea, con quen se quere establecer un novo marco de traballo que permita “a dinamización real dun sector para o que cada vez se abren máis frontes”.

Rebaixas en Rodríguez “The brand store”
Seguimos de Rebaixas. Hoxe imos a Rodríguez Moda, onde teñen todas as marcas de roupa máis coñecidas cun desconto do 50%! Non perdades a ocasión.

PREMIOS NADAL
Pouco a pouco van pasando a recoller os premios os gañadores do sorteo de Nadal. Aquí vos mostramos algunas persoas recollendo os premios dos comercios, pero hai moitos máis. Non a todo o mundo lle gusta facerse fotos. Premiados de Carnicería Florentiña, Agrícola Tomiño, Confecciones Isabel, Joyería Pazo, Hogar e Ferretería Bouzada, Herboristería Hildegarda, Lito Sport, Pescadería Chelo e Roupa Paredes Xa recolleron os seus premios tamén ademáis das persoas que saen nas fotos: Emilio, Margarita e Lita en Alimentación y Estanco EmpalmeEduardo, Manolo, Pablo, Luis e Cándido en Bar XuventudIsabel en Cafetería San TelmoGerardo, Graciela e Susana en Chevere Estrella en Roupa ParedesSimone en Hebe EstéticaJavier en EntrelagarMª Carmen en J. Carrera DecoraciónLucía en NovidadesMercedes en Joyería PazoMontse en Mercería ChantillyElena en Muebles CostaMarisol, Damián, Salva e Felipe en OlaláSara, José Pablo en Natalia en Optica CentralAnabel, Maite e Darío en Moldes TomiñoCristian en Os CasqueirosPatri, Pilar e Esther en Arte PeluqueríaBruno e Tiago en L¬R PeluqueríaMila en Pescadería Chelo Diego e Mercedes en Carnicería FlorentiñaLuisa e Pilar en Casa PinoJosé en Clínica Dental López SousaMónica en ConsulvinJavier en EntrelagarCharo en Herboristería HildegardaLucía en NovidadesEduardo en Lito SportPuri en Martian ToysDiana en Morell*85Rebeca en Muebles CostaEsteban, Mari Luz e […]

Rebaixas en Confecciones Isabel
Convidámosvos hoxe a ir de Rebaixas a “Confecciones Isabel”, un comercio de roupa para home e muller moi especial. Isabel leva nada menos que 35 anos ao fronte deste negocio familiar, coma antes fixérao o seu pai Alfredo, avós, etc. Descontos de até o 50% todo o mes de febreiro.

Rebaixas en Morell*85
Seguimos de Rebaixas. Hoxe imos a Morell*85, nas galerías. Moda e complementos para nen@, muller e home. Descontos de até o 50% TODO O ANO. Grazas Ana Isabel por abrirnos a túa tenda.

Rebaixas en Herboristería Hildegarda
Seguimos de Rebaixas. Hoxe imos á Herboristería Hildegarda, de Eva Castellano. Hai xa 20 anos que este comercio comezou a súa andaina, con venta dunha amplia gama de produtos naturais e terapias alternativas. Descontos até o mes de marzo en perfumería, cosmética natural, termos de acero, saquitos de semillas, cremas…

Rebaixas en Chévere
Hoxe, aínda que con chuvia, Cecilia (Concello de Tomiño) segue o seu percorrido polas rebaixas dos socios de Adeto. Chévere, perfumería e droguería ten descontos do 15% en alta cosmética e perfumes; do 20% en textil e complementos e do 40% en bolsos. Grazas Bárbara por atendela.

Rebaixas en Chantilly
Hoxe imos de Rebaixas para o finde, con outro socio: Chantilly. Mercería, lencería, tallas especiais, roupa interior, tocados, las, cintas, gran gama de suxeitadores…aproveita e déixate guiar por profesionais. Descontos de até o 50%.

Rebaixas en Lito Sport
Convidámosvos hoxe a coñecer as rebaixas de Atmósfera Sport, na Praza da Mina. Amplia gama de artigos deportivos, todas as marcas para nen@s e adult@s. Grandes descontos de até o 50%. Grazas Cristina por amosarnos o local.

Rebaixas en Roupa Paredes
Seguimos de Rebaixas. Hoxe achegámonos até Roupa Paredes, con 50 anos de historia en Tomiño. Susana convídanos a descubrir na súa tenda roupa de home e muller (tallas entre a 42 e a 60), traxes de comunión, etc. con grandes descontos e ofertas especiais.

Rebaixas en Calzados González
Hoxe imos de Rebaixas con ADETO e o Concello a Calzados González, na rúa A Guarda. Grandes descontos de até o 50% e nova zona de Outlet con ofertas especiais contigua á zapataría.

As rebaixas dos nosos socios
Hoxe vamos a dous establecementos: J. Carrera Decoración; comercio dedicado dende 1985 á venta de edredóns, sabas, cortinas, stores, alfombras, coxíns…con descontos até do 50%, e tamén ata La Reina Caracola, con un ano de antigüidade, ahí poderás atopar roupa, batas, pixamas, sacos para cadeiras, e moitas máis cousas para os nenos, con descontos interesantes..

Rebaixas de inverno
As REBAIXAS están aquí, con descontos ata o mes de marzo. Aproveita e non as perdas!!!!! O Concello de Tomiño vai colaborar con Adeto e ó longo destes meses Cecilia (Concello) irá visitando os distintos establecementos asociados que teñen rebaixas, para facer unha promoción dos mesmos nas súas redes sociais. Grazas ó Concello de Tomiño por esta iniciativa.
Adorno Comercios
Con motivo das festas do Nadal, un ano máis os usuarios do centro de día do Concello de Tomiño realizaron unha adorno de Nadal decorativo para cada establecemento adscrito a ADETO. Este ano é a quenda das estrelas, feitas a man e con materiais de refugallo, foron creadas polos usuarios con apoio do persoal. Entre todos recompilaron o material necesario para crear os adornos. A entrega dos traballos fíxose este martes 17 de decembro, cando un grupo de usuarios achegaron as diferentes estrelas de Nadal aos seus destinatarios, xunto con algúns membros de ADETO.
Comercios adheridos á Campaña de Nadal
Aquí vos deixamos un listado dos socios que este ano participan na campaña de Nadal. A participar todos!!!

Nadal en Adeto
Comezamos a campaña “Nadal En Tomiño”. O Nadal comezou a percorrer os comercios de Tomiño. As festas veñen da man de dúas iniciativas que pretenden atrapar a atención dos veciños da localidade convidándolles a comprar no pobo, gozando da calidade e a variedade dos produtos que se venden en Tomiño, así como do trato e da proximidade dos comerciantes. Por unha banda a tradicional campaña de promoción comercial que ofrece agasallos aos consumidores. Este ano como novidade, a dinámica da acción promocional consiste no seguinte: a partir dunha compra mínima, que determinará cada establecemento adherido á campaña, o consumidor cubrirá o seu nome e teléfono nunha casa do cartón que cada establecemento ten á súa disposición, para participar no sorteo que se realizará o día 10 de xaneiro. Doutra banda, para facilitar as compras navideñas, os días 21 e 4 de xaneiro realizaranse actividades para os nenos. Nestes días iremos dando máis información. Adorno Nadal 2019

EmpregonaRede
A “Asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería, Industria y de Centros Comerciales Abiertos de Tomiño” únese o proxecto para dar difunsión ó portal EmpregonaRede. A Xerente e a Presidenta de ADETO, mostráronse moi proactivas con esta plataforma de emprego, xa que pola súa labor chéganlle ofertas de emprego de empresas que necesitan candidatos. Dáselle a coñecer o funcionamento do portal. Alta de candidatos Sistemas de alertas de empregos. Alta da empresa. Alta de Ofertas de emprego. Publicidade e formulario de contacto. Para todos aqueles interesados este é o enlace: Inicio https://empregonarede.gal/

En Negro contra as Violencias
Os establecementos de Tomiño inmplícanse na campaña Contra a Violencia de Xénero que tivo lugar dende o día 18 de novembro ata o día 25. Aquí vos deixamos imaxes dalgúns socios e establecementos.

XORNADA DE FORMACIÓN
Faite socio e participa sen coste ningún. Dirixido a Empresas Para máis información encha o formulario
FESTA DO COMERCIO
Xa estamos preparando a festa do comercio!!!✌Se tes negocio, eres artesán ou pertences a unha asociación e queres participar, ponte en contacto con nos☎ 671 526 758📧 Info@adeto.org

Fimamos co Concello acordo de profesionalización do Centro Comercial Aberto.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e o presidente da Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (ADETO) David Vila Magán, asinaron o venres pasado un protocolo de colaboración co fin de mellorar a formación dos profesionais do comercio e a calidade da atención ao cliente. A acción tivo lugar na Casa do Concello, no marco do Mercado Comercial Aberto de Tomiño, ao ser considerada como unha actividade que contribúe tamén a mellorar o atractivo turístico da localidade Deste xeito, ambos organismos acordaron o desenvolvemento de actividades precisas, coma sesións de consultoría e mentoring directo e personalizado; acompañamento persoal e grupal na mellora profesional mediante coaching; sesións de mastermind; un encontro de networking; 10 sesións de formación sobre marketing, técnicas de venda, promoción e publicidade; cinco de asesoramento no uso das novas tecnoloxías, e unha charla-coloquio de impulso motivacional.

ADETO firma un convenio de colaboración con Rodríguez & Alonso Abogados
A asociación e o despacho de avogados Rodríguez & Alonso Abogados, asinaron no día de hoxe un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a ADETO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados. Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos asociados a ADETO. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa. Acceso a tarifas planas adecuadas ás necesidades de cada un, e poderán participar nas xornadas formativas divulgativas que se organicen De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados. Todos aqueles socios que queiran solicitar unha cita, poden facelo a través do contacto da asociación ou directamente co despacho de avogados no teléfono […]

Proxecto Activación do Comercio e Pemes de Tomiño
Somos conscientes de que a situación actual do comercio local e as pequenas empresas non é moi boa. A crise económica anterior, as multinacionais, as novas tecnoloxías ea globalización están creando unha situación insostible para os nosos negocios. Ao mesmo tempo, a pesar desta situación, outras empresas e empresas din que van facturar máis que nunca. Non se entende. As persoas detrás destas empresas están cansas, estresadas e esgotadas. Aqueles de nós que temos negocios debemos parar e pensar o que está pasando, por que está a suceder e que medidas debemos tomar para cambiar a situación. A asociación ADETO e o Concello de Tomiño reuníronse e decidiron por en marcha un programa de formación e asesoramento que intente cambiar a situación actual. Se pensas que podería ser interesante para ti e para o teu negocio non deixes de ir o vindeiro xoves día 11 de outubro ás 9 da noite á presentación do programa MÁS POSIBLE. Será no salón de plenos do concello de Tomiño. Alí explicaremos a que se refire este programa e a quen pode beneficiar.
As últimas publicacións

PONTE GUAP@
Merca en Tomiño e gaña 3 vales para gastar en moda e estética. Desde o mércores 15 ao sábado 25 os cliente

DÍA DA NAI
Invitámosvos a almorzar Porque mamá merece o mellor… e o mellor está en Tomiño! Queremos axudarche a atopa

FOGAR DOCE FOGAR: O NÚMERO PREMIADO É...
A papeleta gañadora da campaña ‘Fogar, doce fogar’ foi entregada en A COQUETIÑA e correspóndese co número
Calendario
M | T | W | T | F | S | S |
---|---|---|---|---|---|---|
« Xuñ | ||||||
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |