Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Volta ao cole co comercio de Tomiño

Volta ao cole co comercio de Tomiño

Con setembro á volta da esquina, aínda queda verán pero xa toca prepararse para o curso, por iso ADETO e os seus comercios asociados lanzan a campaña Xoga, crece, descobre, rí; dirixida aos máis pequenos da casa.

ADETO convídate a prepararte para setembro coa súa nova campaña.

Durante a campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Tomiño, os clientes que merquen no comercio ou na hostalaría tomiñeses entrarán no sorteo dun vale de 100 € para invertir en productos ou servizos para a infancia.

O premio poderá canxearse en librarías como Ideas e Novidades; en xogueterías como Limón y Fresa e Martian Toys; en roupa e productos personalizados en La Reina Caracola; ou nos servizos para familia e infancia que ofrecen Ma Nunú ou Festa A Esgalla.

Con esta campaña ADETO quere poñer en valor a diversidade da oferta en produtos e servizos para a infancia que hay en Tomiño, animando aos clientes a que aposten polo comercio local onde atoparán o mellor para que nenos e nenas xoguen, crezan, descubran e rían.