Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

PONTE GUAP@

PONTE GUAP@

Merca en Tomiño e gaña 3 vales para gastar en moda e estética.

Desde o mércores 15 ao sábado 25 os clientes que merquen no comercio asociado participarán no sorteo de tres vales de cincuenta euros para gastar en moda e estilismo escollendo entre Confecciones Isabel, Roupa Paredes, Rodríguez Moda, Ro&Ro, Lito Sport, Morell*85, Streetwise Babi e Calzados González para roupa, calzado e complementos e entre Purificación Peluquería, Peluquería L&R, Arte Salón Orgánico, Riveiro Peluqueros, A Coquetiña, Peluquería Isabel Rodríguez, Espazo VIP e Donna Bella para servicios de perruquería e estética.

Coa chegada dos meses de verán toca renovar o armario, prepararse para eventos e ocasións especiais ou cambiar de look para adaptarse á chegada do calor. Para todos os estilos e para todos os gustos, con produtos e servizos de calidade e con todo o valor engadido de mercar no comercio local. Non o dubides, elixe Tomiño e Ponte guap@.

Con esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, queremos poñer en valor e visibilizar a ampla oferta de moda e imaxe persoal do municipio e animarvos a descubrir todo o que ofrece o comercio local.

Para máis información, consulta as bases.