Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Chega o PASAPORTE ADETO

Chega o PASAPORTE ADETO

Nova campaña do comercio local.

Este verán a túa mellor viaxe será por Tomiño: faite xa co Pasaporte ADETO e consegue os selos do comercio local, hai 500 € en premios.

Dende o 21 de xullo ata o 15 de setembro, por gastos superiores a 20€ pide que che selen o teu pasaporte nos establecementos de comercio, hostalería e servizos asociados a ADETO e entrarás no sorteo de 300€ e 200€ en vales de compra.

Así que xa sabes, faite co teu pasaporte e aproveita para mercar en Tomiño e completalo!

E se non o completas? Pois entrégao igualmente ata o 15 de setembro en calquera dos establecementos participantes e entrarás no sorteo dunha noite para dúas persoas con almorzo incluído en Alto da Pousa.

Esta campaña está patrocinada por Viajes Galicíes, Arco da Vella, Arte Peluquería, Chévere e Moldes e conta coa colaboración do Concello de Tomiño e a cofinanciación da Xunta de Galicia.