Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Día da Nai

Día da Nai

Poñemos en marcha unha nova campaña para que as túas compras en Tomiño teñan premio.

Con motivo do Día da Nai, queremos que atopes o regalo perfecto nos nosos comercios, servizos ou mesmo na hostalería e por iso, ata o 5 de maio, polas túas compras nos asociados de ADETO poderás participar na campaña sen custo nin esforzo adicional, cubrindo un número dos cartóns que hai repartidos por todos os nosos establecementos.

Que podes gañar? volvemos a sortear 3 vales para empregar nos nosos asociados e con validez de 3 meses:

50€ para gastar en comercios e servizos.

25€ para gastar en saúde e imaxe personal.

25€ para gastar en hostalería.

O mellor regalo, sempre do comercio local.

E para poñercho máis fácil, estes días presta atención ás nosas redes sociais porque che daremos ideas para que o teu regalo sexa único, especial e agarimoso como a persona que o reciba.

O sorteo da campaña, cofinanciada e apoiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, terá lugar o mércores 8 de maio na oficina de ADETO e as persoas gañadoras serán contactadas por teléfono.