A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e o presidente da Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (ADETO) David Vila Magán, asinaron o venres pasado un protocolo de colaboración co fin de mellorar a formación dos profesionais do comercio e a calidade da atención ao cliente.
A acción tivo lugar na Casa do Concello, no marco do Mercado Comercial Aberto de Tomiño, ao ser considerada como unha actividade que contribúe tamén a mellorar o atractivo turístico da localidade
Deste xeito, ambos organismos acordaron o desenvolvemento de actividades precisas, coma sesións de consultoría e mentoring directo e personalizado; acompañamento persoal e grupal na mellora profesional mediante coaching; sesións de mastermind; un encontro de networking; 10 sesións de formación sobre marketing, técnicas de venda, promoción e publicidade; cinco de asesoramento no uso das novas tecnoloxías, e unha charla-coloquio de impulso motivacional.
Comments 0