Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Os Reis Magos perden as capas en Tomiño.

Os Reis Magos perden as capas en Tomiño.

Nova campaña de Adeto para apoiar o consumo no comercio local.

Chega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.

Dende o mércores 15 de decembro ata o 5 de xaneiro os establecementos asociados a Adeto entregarán premios diarios aos clientes que atopen as capas dos Reis Magos. Cada día, haberá algunha capa nun establecemento tomiñés e o cliente ou clienta que as atopen recibirán, ao momento, un regalo por cortesía do comercio local.

Deste xeito, Adeto e os seus asociados queren premiar a fidelidade dos clientes que fan as súas compras e apoian os comercios e a hostalería local, agradecéndolles nestas datas a súa colaboración imprescindible para a supervivencia da vida comercial no municipio.

Dende a dirección de Adeto animan á xente a participar no xogo facendo as súas compras na vila para contribuir entre todos, comerciantes e clientes, a animar Tomiño nestas datas tan sinaladas.