Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Este San Valentín regala… con amor e do comercio local.

Este San Valentín regala… con amor e do comercio local.
ADETO anima a agasallar aos seres queridos con produtos e servizos de cercanía.

O amor demóstrase cada día e tamén nos días especiais, por iso, non deixes pasar este San Valentín sen facerlle un regalo ás persoas que levas no corazón.  E se non sabes que regalar, búscao en Tomiño, atoparás a opción que mellor se adapte ao que queres.

Un detalle romántico, unha proposta divertida, un momento feliz, algo orixinal, inesperado, único, un detalle especial para quen ti máis queiras, hai centos de ideas e todas as podes atopar no comercio local.

ADETO, a asociación que engloba comerciantes, hostelería, industria e servizos de Tomiño, propón estes días nas súas redes sociais ideas de agasallos para todos os gustos. Pero hai moitas máis, pregúntanos ou visita os negocios da vila, neles axudaranche a escoller o mellor regalo para o día dos namorados.

Imaxe co texto: Sen ideas para regalar? Busca en Tomiño. E se non o atopas, pregúntanos... @adetotomno 698193729
Busques o que busques, está en Tomiño. E se non o atopas, pregúntanos!