Porque no comercio local sempre atoparás produtos frescos, de calidade e gran variedade.
O vindeiro mércores día 21 de xullo damos comezo a outra nova campaña que terá lugar ata o día 30 e no que os participantes entrarán no sorteo dun vale de 100€ para gastar nos establecementos que aparecen no cartaz da campaña.
Consulta aquí as bases da campaña.
O día 30 realizaremos o sorteo e publicaremos o número premiado aquí na web e tamén no noso facebook e tamén no instagram.
