Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Buscar

TOMIÑO SUMA

TOMIÑO SUMA

ADETO, Concello de Tomiño e un grupo de voluntarios xuntos na confección de mascarillas reutilizables para repartir nos establecementos abertos.

Antes que nada queremos agradecer a colaboración de todas as persoas que fixeron esta iniciativa posible e tamén ás que se ofreceron para axudar dunha forma ou outra pero por motivos de loxística e coordinación finalemente non lles levamos o material.

O pasado 15 de abril publicouse a norma UNE 0065:2020, elaborada polo Ministerio de Sanidad e varias institucións e entidades competentes, onde se establecen as condicións que deben cumprir as mascarillas hixiénicas reutilizables e as instrucións para a súa correcta elaboración artesanal.

Así que ADETO e o Concello de Tomiño puxéronse mans a obra para poder fabricar máscaras hixiénicas reutilizables para entregar á poboación.

Varias persoas vinculadas á asociación así coma outras que non o son, encargáronse de forma voluntaria da confección das máscaras.

O Concello puxo á disposición de Adeto o material preciso, Protección Civil distribuiu todo o material entre as costureiras e segundo se vai rematando o traballo van a recollelo e despois as limpadoras municipais desinfectan as máscaras con ozono e as empaquetan en bolsas individuais.

Unha vez embolsadas as máscaras serán repartidas por diferentes comercios de Tomiño que se atopan abertos para que as persoas poidan recollelas.

A entrega faráse en varios lotes a partir do luns. Darase prioridade a persoas maiores e persoas de risco, e dende a organización da iniciativa chámase á responsabilidade, pedindo á poboación que vaian recoller máscaras só as persoas que realmente as precisen e só unha unidade por persoa.

Como nota importante, queremos engadir que estas máscaras non son un dispositivo sanitario dacordo ao Regulamento UE/2017/745 nin un EPI dacordo ao Regulamento UE/2016/425, senón “mascarillas hixiénicas reutilizables” de acordo ao establecido na norma UNE 0065:2020, e deben utilizarse xunto con todas as medidas de prevención que recomendan as autoridades competentes.
O tecido co que se están a elaborar é tecido de sarga 195-205 gr/ m2, de composición 35% algodón e 65% poliéster, lavable a 60º. Ten un acabado hidrófugo que permite que non entre nin salga pingas de fluídos, cumprindo co test AATCC-193 (repelencia a líquidos) e tamén ten acabado antibacteriano que cumpre co test UNE EN 14683 (tecidos para máscaras). Así mesmo ten unha eficacia de filtración bacteriana superior ao 90% e a respirabilidade en canto a presión diferencial por debaixo de 60 Pa/cm2, soportando ademais máis de 25 lavados, o que lle fai cumplir coas consideracións da norma UNE 0065.

RECOMENDACIÓNS PARA O USO DE MÁSCARAS – MINISTERIO DE SANIDADE