Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

FEIRA DE PRIMAVERA EN TOMIÑO

FEIRA DE PRIMAVERA EN TOMIÑO

Tomiño encheuse de vida: comercio, música, deporte, moda, actividades infantís …

O sábado 15 de abril na Praza do Seixo déronse cita máis de 30 negocios de Tomiño e dos arredores para celebrar a Feira de Primavera organizada por ADETO co apoio do Concello de Tomiño, a Xunta de Galicia e ABANCA.


Dende primeira hora a praza encheuse de xente que, aproveitando o bo tempo, puido desfrutar da actividade proposta por Meu Fit, os talleres infantís de Canguriños ou o inchable gratuíto de A Esgalla.

Ademais, a ampla oferta comercial nos distintos postos situados na praza, que comprendeu moda, servicios, artesanía, asesoramento, xoguetes e moito máis así como as propostas doces e salgadas do foodtruck de La Dulcekatta mantiveron o ambiente na feira ata o broche final co desfile de moda, a chocolatada e a actuación da Treboada San Campio de Lonxe.


Unha feira na que non faltou de nada, para púlbico adulto e infantil e que volveu demostrar que o comercio local lle da vida a Tomiño.

Haberá máis…!