Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Adorno Comercios

Con motivo das festas do Nadal, un ano máis os usuarios do centro de día do Concello de Tomiño realizaron unha adorno de Nadal decorativo para cada establecemento adscrito a ADETO.

Este ano é a quenda das estrelas, feitas a man e con materiais de refugallo, foron creadas polos usuarios con apoio do persoal. Entre todos recompilaron o material necesario para crear os adornos.

A entrega dos traballos fíxose este martes 17 de decembro, cando un grupo de usuarios achegaron as diferentes estrelas de Nadal aos seus destinatarios, xunto con algúns membros de ADETO.