Os primeiros galardoados alcanzaron as máximas notas nunha avaliación que ten a Xunta de Galicia a disposición dos establecementos.
A Federación Provincial entrega nesta localidade os primeiros selos dunha campaña que infunde confianza nos consumidores. Estes selos acreditan como “Comercio Seguro” ós pequenos establecementos que aplican os protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta trala crise do Covid-19.
Os selos de “Comercio Seguro” foron entregados aos propietarios de Lito Sport, Hebe Estética, Clínica Dental Ignacio Rodríguez e Arte Peluquería. Realizaron a entrega a alcaldesa Sandra González, o concelleiro de promoción económica Francisco Campo, a vicepresidenta, o secretario e a xerente de Adeto, Marta Álvarez, Iago Pérez e Lorena Quinteiro, e o secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados Enrique Núñez.
Estes establecementos foron os primeiros en cumprimentar a autoavaliación da Xunta de Galicia dentro da plataforma www.comerciosegurogalicia.com conseguindo a nota de “Elevado” e “Moi Elevado” que outorga a citada plataforma. A vindeira semana seguiranse repartindo distintivos a outros establecementos que tamén superaron a autoavaliación da Xunta de Galicia.
Dende ADETO confíase en que “todos os comercios leven a cabo a súa avaliación e soliciten o seu distintivo.



