ADETO lanza a campaña Quére(te) moito ata o día de San Valentín.
Ante a proximidade do `Día dos Namorados’, ADETO refai a súa campaña Quére(te) moito invitando aos tomiñeses e tomiñesas a buscar nos establecementos da vila ideas para agasallar aos seres queridos ou, no nome do amor, agasallarse a un mesmo.
Durante a campaña, na que colaboran o Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia, os establecementos asociados a ADETO repartirán entre os seus clientes boletos que lles permitirán entrar no sorteo dun vale de 100€ para consumir en Viajes Galicies, Pazo de Valdomiño, Joyería Pazo, Viveros Nilo, Perfumería Nobel, Floristería Lilas, Hebe, Altos de Torona ou Chévere.
Merca en Tomiño e quére(te) moito!
O amor demostrase día a día, pero en ocasións é necesario un detalle especial: unha masaxe relaxante, un perfume, unhas flores ou unha planta, unha escapada romántica, un bo viño ou unha xoia… e todo se atopa no comercio local.