A Asociación de autónomos de comercio, hostelería e industria de Tomiño (ADETO), inicia este mércores 30 unha campaña para axudar aos seus clientes a facer esa mellora na súa casa que teñen pendente.
“Unha reparación, un moble novo, unha instalación pendente ou redecorar o salón… o que queiras! Os mellores profesionais e os mellores productos están en Tomiño; e queremos que os atopes! Por iso sorteamos un vale de 200€ entre os clientes dos nosos establecementos asociados”.
Con esta campaña, coa que colaboran o Concello de Tomiño e a Xunta de Galicia, ADETO pretende favorecer o consumo no comercio de proximidade e, ao mesmo tempo, premiar a algún cliente coa posibilidade de facer unha inversión extra no seu fogar.
O número premiado coñecerase o luns 11 ás 11:30.
O premio, un vale de 200 €, poderá ser gastado en polo menos en dous establecementos entre e Granitos Álvarez, Muebles Álvarez, Ferretería A Roda, J. Carrera Decoración, Muebles Costa, Carpintería Melo Otero, Instalaciones García Abollo, Instalbami, Foncel, Materiales de Construcción Francisco Fernández, Máster Tomiño, Carpintería Sergio Almeida e Sumycol.