Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Nadal en Adeto

Nadal en Adeto
Comezamos a campaña “Nadal En Tomiño”.

O Nadal comezou a percorrer os comercios de Tomiño. As festas veñen da man de dúas iniciativas que pretenden atrapar a atención dos veciños da localidade convidándolles a comprar no pobo, gozando da calidade e a variedade dos produtos que se venden en Tomiño, así como do trato e da proximidade dos comerciantes.

Por unha banda a tradicional campaña de promoción comercial que ofrece agasallos aos consumidores. Este ano como novidade, a dinámica da acción promocional consiste no seguinte: a partir dunha compra mínima, que determinará cada establecemento adherido á campaña, o consumidor cubrirá o seu nome e teléfono nunha casa do cartón que cada establecemento ten á súa disposición, para participar no sorteo que se realizará o día 10 de xaneiro.

Doutra banda, para facilitar as compras navideñas, os días 21 e 4 de xaneiro realizaranse actividades para os nenos. Nestes días iremos dando máis información.