Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

ADETO recibe o Premio do Comercio Galego 2026 na categoría de Comercio Sostible pola súa campaña Ecorresponsables.

ADETO recibe o Premio do Comercio Galego 2026 na categoría de Comercio Sostible pola súa campaña Ecorresponsables.

A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (ADETO) foi galardoada nos Premios do Comercio Galego 2026 na categoría de Comercio Sostible polo seu proxecto Ecorresponsables, unha campaña destinada a promover hábitos de consumo responsables e poñer en valor o comercio de proximidade.

A iniciativa, desenvolvida coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño, implicou arredor de medio cento de establecementos locais e combinou accións de sensibilización ambiental coa promoción das compras no comercio de proximidade, fomentando a redución de plásticos e un consumo máis consciente.

ADETO quere expresar tamén o seu recoñecemento e parabéns ás outras dúas finalistas da categoría, A despensa que pensa, de Arteixo, e Revistt, proxecto de moda circular impulsado por Insertega. Ambas as iniciativas representan exemplos destacados de compromiso coa sustentabilidade e demostran que o comercio pode desempeñar un papel fundamental na protección ambiental e na construción dunha economía máis responsable.

Este premio supón un importante recoñecemento ao esforzo do comercio local de Tomiño e anima a ADETO a continuar promovendo iniciativas que contribúan á sustentabilidade, á dinamización económica e á valorización do tecido comercial do municipio.