Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

Festival ADETO ‘25

Festival ADETO ‘25

Un evento cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra

A partir das 18:00 do venres 18 comezará unha nova edición do Festival ADETO, un evento no que os postos de comercio e artesanía van acompañados de actividades e diversión para toda a familia no centro de Tomiño.

No programa, que se deu a coñecer esta semana, hai varias actuacións como a de Manu Pereyra o sábado ou a do mago Samuel Moreno o domingo ás que hai que engadir o concerto de Mondra dentro do programa +Música da Diputación de Pontevedra que terá lugar o sábado tamén na Praza do Seixo.

Ademais de música, o sábado haberá un inchable e talleres infantís a cargo de Canguriños para os máis pequenos, o domingo o CPA Royal convida a todo aquel que o desexe a patinar con eles na Praza e para rematar o evento celebrarase unha Festa Holi&Espuma apta para todos os públicos.

Pero non queda aí a cousa: o ximnasio MeuFit organizará unha masterclass o venres e retos cada día do festival con premios para os participantes; durante todo o evento haberá unha exposición de pintura ao aire libre, a Omix realizará unha nova xornada de adopción canina e felina; e ADETO presentará a plataforma LoPróximo, xa en funcionamento no comercio de Tomiño.

Tres días nos que o comercio local de Tomiño celebra a súa festa saíndo á rúa e animando á xente a achegarse aos postos e participar das actividades paralelas.