Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

LoPróximo chega a Tomiño regalando unha viaxe polo en barco polo Río Miño.

LoPróximo chega a Tomiño regalando unha viaxe polo en barco polo Río Miño.
A plataforma, que une a clientes e comercio local, xa está en funcionamento.

Os clientes do comercio tomiñés teñen xa a súa disposición unha novidosa maneira de atopar o que buscan dende o teléfono móbil pero sen perder a cercanía e o trato personal do comercio local.

LoPróximo, que así se chama esta plataforma dixital, foi distinguida pola Xunta de Galicia cun premio á dinamización comercial no 2024 e chega agora a Tomiño impulsada por ADETO para facilitar a comunicación entre clientes e comerciantes.

De xeito áxil e intuitivo, calquera persoa pode rexistrarse na plataforma e lanzar a súa solicitude indicando o producto ou servizo que busca. A solicitude chega aos propios comerciantes anónimamente e eles poden responder amosando os productos ou servizos que encaixan na descrición do recibida. Deste xeito, o cliente sabe ónde atopar o que busca e pode acudir a mercalo personalmente. Así o fixo Viviana Mariño, gañadora do Paseo en Barco polo Río Miño que sorteou ADETO entre os primeiros usuarios da plataforma. A gañadora destacou o sinxelo e rápido que foi empregar a plataforma que lle permitiu atopar o producto que buscaba e mércalo, sen esperas, no comercio local.