Os socios de ADETO asistiron a dous talleres para mellorar a súa presenza online.
ADETO en colaboración coa axencia de márketing Tu Consultor de Internet organizou duas formacións dirixidas a empresarios locais para axudarlles a potenciar a súa presencia en redes sociais e aumentar as súas ventas.
As formacións, cofinanciadas pola Xunta de Galicia, tiveron lugar na sede de ADETO e nelas empresarios de distintos sectores puideron coñecer as últimas tendencias en márketing dixital e aprender estratexias para empregar as redes sociais para achegarse cada vez a máis clientes.
Esta inciativa enmárcase no plan de actuación de ADETO de apoio e dinamización do tecido empresarial de Tomiño, impulsando a modernización dixital, a competitividade e o crecemento das pequenas e medianas empresas locais.