Radius: Off
Radius:
km Set radius for geolocation
Search

VOLTA AO COLE 100% LOCAL

VOLTA AO COLE 100% LOCAL
Reúne catro tickets de compra do comercio local e recibe un premio directo.

Comezou setembro e con el chega a volta ao cole: libros, mochilas, roupa, apuntarse ao ximnasio ou facer unha revisión dental. Todo o preciso para comezar o curso se pode atopar nos negocios de Tomiño.

Por iso ADETO lanza a campaña Volta ao cole 100% local con premios directos para os clientes que reúnan catro tickets do comercio local e publicacións diarias nas redes sociais para axudar aos clientes do comercio local a atopar todo aquilo que precisan para prepararse para o curso que xa comeza.

A campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño repartirá premios ata o 19 de setembro ou fin de existencias dos mesmos e anima aos veciños de Tomiño e arredores a facer as súas compras no comercio local atopando todo o que precisan coa axuda da plataforma LoPróximo.