Ante a proximidade de San Valentín os negocios locais énchense de corazóns.
ADETO e os seus asociados lanzan a campaña Compra con Amor, no comercio local para animar ao público a achegarse ao pequeño comercio a facer as súas compras aproveitando a proximidade de San Valentín.
Compra con amor… amor polo próximo, polo que che da confianza, amor pola túa vila e os comercios que lle dan vida.
Durante a campaña, que conta co financiamento da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño, os establecementos asociados a ADETO lucirán un elemento decorativo común e compartirán nas suas redes sociais e nas da asociación propostas de regalo para o Día dos Namorados.
Dende ADETO transmiten que o lema `Compra con Amor’ tamén é un xeito de reivindicar o modelo de consumo máis próximo e humano que promove o comercio de proximidade.