Este mes de decembro, é o mes das compras, que se os agasallos de Papá Noel, dos Reis Magos, a compra para as comidas do Nadal, o reencontro para o café ou o viño cos compañeiros e moitos de nós non sabemos que facer cos pequenos que están de vacacións.

Entón, por que non buscar a forma de que eles se divirtan mentres tanto? Para isto ADETO pon ao dispor dos pais e nais unha oferta de actividades para compaxinar o lecer dos nenos mentres facemos as nosas compras, imos a perruquería ou tomamos un café.

Sábado 21 de 16.30 a 18.30 h – Custe 2 €

  • Obradoiros e xogos

Sábado 4 de 10.30 a 13.30 h – Custe 3 €

  • Xogos de bolos finlandeses
  • Lanzamento de aros
  • Tiro con arco
  • Obradoiros

Sábado 4 de 16 a 20 h – Custe 3 €

  • Xogos de bolos finlandeses
  • Lanzamento de aros
  • Tiro con arco
  • Obradoiros
  • Talleres de maxia

Pero ollo!!! Se fas as túas compras nos comercios asociados (entre os días 19 de decembro e 4 de xaneiro) e presentas o tiket de compra, terás 1€ de desconto para participar nas actividades.

 

Colabora: Concello de Tomiño

 

Localización: Tomiño
Cargando…
Categoría: Todo
Ordenar por: Data de creación
Orde: Descendente
Testemuños  |  Información: non hai elementos creados, engade algúns por favor.