[contact-form-7 id="224" title="San Valentín"]
librería – papelería – regalo – juegos – juegos educativos – prensa – fotocopias – materias escolar – materias oficina – fax
Centro Veterinario Baixo Miño
Centro Veterinario Baixo MiñoCentro Veterinario Baixo Miño. Clínica Veterinaria en Tomiño
Asesoría Savi
Asesoría SaviAsesoría de empresas, contable, fiscal, laboral, xurídica. Comunidades de edificios e seguros en xeral.
Cafetería. Servicio de comidas, cenas y repostería casera (por encargo). Dispone de: 1-Sala de cafetería 2-Sala de proyección 3-Sala de eventos: conciertos, teatro, dj’s, etc.
RO&RO
ROSALÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZRO&RO é unha tenda de roupa de muller que nace no ano 2.020 en Tomiño. Con gran variedade de prendas de roupa, complementos e calzado. A distinción está impresa na marca con unha calidade, variedade e prezo moi interesantes.
MASTER TOMIÑO
Gabinete De Electrodomesticos SLComercio polo miúdo de aparellos electrodomésticos en establecementos especializados
ALIPROX
Supermercado Hermanos Fernandez SlComercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en establecementos permanentes
ROUPA PAREDES
Susana Pilar Misa GonzálezComercio polo miúdo de toda clase de pezas de vestido e tocado
Comercio polo miúdo de aparellos ópticos e prestación de servizos ópticos e deoptometría
Comercio por xunto de madeira, materiais de construción e aparellos sanitarios
MATADERO BAIXO MIÑO
Matadero Gral. Frigorífico Baixo Miño, S.L.Sacrificio gando, preparación e conservación de carne e incubación de aves
ALIMENTACIÓN E ESTANCO EMPALME
Manuel Alvarez CarreraComercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en establecementos especializados
TURULEKA – Juguetería y animación infantil
XOGUETERÍA - TUROLEKAComercio polo miúdo de xogos e xoguetes
SUPERMERCADOS TURONIA
Alfonso Alvarez BouzadaComercio polo miúdo de produtos alimenticios e bebidas.
FONCEL INSTALACIONES
Foncel, S.L.Instalacións eléctricas en xeral, fontanería, calefacción, aire acondicionado
AGRICOLA TOMIÑO
Ana Soto MisaComercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, animais de compañía e alimentos para os mesmos.
LIBRERÍA NOVIDADES
Librería Novidades, S.L.Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelería e escritorio e artigos de debuxo e belas artes
INFORMÁTICA JAIME
Informática Jaime, S.L.Comercio polo miúdo de computadores, equipos periféricos e programas informáticos en establecementos especializados
GALIOPTICA
Jaycasa Visión, S.L.Comercio polo miúdo de aparellos ópticos e prestación de servizos ópticos e deoptometría
CALZADOS GONZÁLEZ
Francisco Javier González AlvarezComercio polo miúdo de calzado e artigos de coiro
BODEGAS ALTOS DE TORONA
Bodegas Altos de Torona, S.A.Elaboración e crianza de viños así como explotación de viñedos
BENITEZ FERNÁNDEZ
Benítez Fernández, S.L.Características: Con máis de 41 anos no sector, Benitez Fernández é un viveiro de angulas e lampreas do Miño. En Angulas Río Miño, as angulas son pescadas artesanalmente e cocidas tamén de forma artesanal. Contan ademais na súa páxina web, con tenda online.
ASESORÍA GESCON
Gescon Asesoría Integral de EmpresasActividades de asesoramento contable, mercantil, laboral e fiscal
GARCÍA ABOLLO
García AbolloFontanería, instalacións de sistemas de calefacción e aire acondicionado
ADRINER
Adriner, S.L.Distribución e comercialización de extintores; equipos e material contra incendios
Papá, imos a Tomiño!
Campaña do Día do pai 2025 Ata o día 20 de marzo sube o teu ticket (ou equivalente) dos negocios asociados a ADETO e entrarás no sorteo de 3 premios: Campaña organizada por ADETO coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño. Bases da campañaDescarga establecementos_participantesDescarga
O comercio local enche de Tomiño de cor
ADETO celebra un festival o 6 e 7 de setembro na Praza do Seixo. O comercio local dalle cor á túa vila é o lema do festival que ADETO organizará o venres 6 e o sábado 7 de setembro na Praza do Seixo, en Tomiño. O evento comezará en horario de tarde os dous días e incluirá importantes novidades con respecto a anteriores feiras comerciais. Tanto o venres como o sábado na Praza do Seixo haberá postos de comercios e artesanía: xoias, moda, complementos, etc. todo de pequenos comercios e artesáns da zona. Ademáis, as persoas que se acheguen á praza poderán desfrutar de foodtrucks, animación musical e sorteos para os clientes do pequeño comercio. Para o venres está previsto o sorteo da campaña Pasaporte que se está levando a cabo durante o verán nos negocios de Tomiño con moito éxito. Pero ademáis na praza haberá cincuenta globos con vales de compra no seu interior para que os estoupen clientes que presenten un ticket de compra dese día en establecementos asociados a ADETO ou participantes na feira. A tarde do sábado servirá como colofón para o verán sobre todo para a infancia e a xuventude con inchable, holi party e […]
Papá, invítoche a almorzar
Do 6 ao 16 de marzo, merca nos comercios asociados a ADETO e invitámosche a almorzar!Rexistra o tícket da túa compra e entrarás no sorteo de tres vales para almorzar en:Bar Xuventud | Trece Tapas | La Dulcekatta | Olalá | Os Casqueiros| Dulcesán | Woody Pool | Nueva Colina | La de Maika. PARTICIPACIÓN PECHADA GRACIAS por mercar no comercio local. Socios ADETODescarga Bases da campañaDescarga Política de Privacidade
Este Nadal, merca con ilusión en Tomiño.
ADETO e o comercio local convidan aos seus clientes a vivir o Nadal en Tomiño, facendo as súas compras no pequeño comercio e desfrutando das actividades para toda a familia. O Nadal é unha época de ilusión para pequenos e maiores, un momento de compartir as alegrías. Por iso, a Asociación de Comerciantes de Tomiño lanza a campaña Nadal ADETO, na que se sortearán ata 1500 € en premios para repartir entre as persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ata o 4 de xaneiro. Esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, inclúe máis sorpresas: ADETO convidou ao mesmísimo Papá Noel a visitar Goián e o centro de Tomiño o mércores 21 e o xoves 22 respectivamente para facer as súas últimas compras nos negocios da zona e para que nenos e nenas poidan levarlle as súas cartas Ademáis, o día 30, o comercio local de Tomiño invita a todos os seus clientes e veciños a pasar unha tarde moi doce cunha Gran Chocolatada na Praza do Seixo, amenizada cunha actuación musical e con actividades para os máis pequenos. A receita deste Nadal está lista: Premios, Papá Noel e chocolate, para que o […]
Éxito na Festa do Comercio
O pasado 3 de setembro, centos de persoas acudiron á Praza do Seixo a celebrar a Festa do Comercio local organizada por ADETO. Dende primeiras horas da mañá veciños de Tomiño e dos arredores, así como os numerosos visitantes que nestas datas desfrutan das súas vacacións na zona, acudiron a desfrutar dos numerosos atractivos que ofreceu a renovada festa comercial. Ademáis dos numerosos postos de venta de xoguetes, moda, complementos e estética con novidades e descontos, os asistentes poideron desfrutar ao longo de xornada de demostracións deportivas a cargo de Meu Fit, música en directo con Manu Pereyra, postos de comida, sorteos… Ademais, os máis pequenos pasárono en grande no inchable de A Esgalla e na actividade que lles preparou Ma Nunú, así como no espazo de xogo libre preparado por Limón y Fresa. Mención a parte merece o desfile que concentrou as miradas das moitas persoas que se concentraron ao redor da alfombra vermella para aplaudir o bo facer das modelos e os xeniais estilismos de Morell 85, Ro&Ro, Confecciones Isabel, Lito Sport e Streetwise Babi, perfectamente complementados cos peiteados de Arte. Como colofón á Festa, a Master Class de Zumba fixo bailar a pequenos e maiores que non […]
O comercio de Tomiño invítate a querer(te).
Ante a proximidade do `Día dos Namorados’, ADETO refai a súa campaña Quére(te) moito invitando aos tomiñeses e tomiñesas a buscar nos establecementos da vila ideas para agasallar aos seres queridos ou, no nome do amor, agasallarse a un mesmo.
REBAIXAS DE INVERNO
Grandes descontos nos comercios de Tomiño Chegan as rebaixas de inverno ao comercio local. Os mellores descontos pero coa proximidade, atención e calidade de sempre. Aproveita as rebaixas e merca na tú vila: o mellor 2×1 posible!Adeto, xuntos medramos.
Os Reis Magos perden as capas en Tomiño.
Chega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.
Purificación Peluquería
Peluquería Unisex Purificación Peluquería Cortes clásicos ou novas tendencias, para un cambio de estilo ou para un evento especial, o que precises! Séguea nas redes sociais para poder ver os seus traballos ou visítaa na Rúa Gondomar, 17, no centro de Tomiño.
Ma Nunú
Servicios para a familia e a infancia. Presentámosvos este novo establecemento asociado: Ma Nunú. Un lugar de respeto e acompañamento para familias, infancia e adolescencia que xa está en Tomiño. Ioga no embarazo, belly-painting, talleres lúdico-educativos para nenos e nenas… e moito máis! Seguídeos nas redes sociais ou visitádeos en Av. Ordóñez, 53, en Goián.
Proxecto Activación do Comercio e Pemes de Tomiño
Somos conscientes de que a situación actual do comercio local e as pequenas empresas non é moi boa. A crise económica anterior, as multinacionais, as novas tecnoloxías ea globalización están creando unha situación insostible para os nosos negocios. Ao mesmo tempo, a pesar desta situación, outras empresas e empresas din que van facturar máis que nunca. Non se entende. As persoas detrás destas empresas están cansas, estresadas e esgotadas. Aqueles de nós que temos negocios debemos parar e pensar o que está pasando, por que está a suceder e que medidas debemos tomar para cambiar a situación. A asociación ADETO e o Concello de Tomiño reuníronse e decidiron por en marcha un programa de formación e asesoramento que intente cambiar a situación actual. Se pensas que podería ser interesante para ti e para o teu negocio non deixes de ir o vindeiro xoves día 11 de outubro ás 9 da noite á presentación do programa MÁS POSIBLE. Será no salón de plenos do concello de Tomiño. Alí explicaremos a que se refire este programa e a quen pode beneficiar.
Papá, imos a Tomiño!
Campaña do Día do pai 2025 Ata o día 20 de marzo sube o teu ticket (ou equivalente) dos negocios asociados a ADETO e entrarás no sorteo de 3 premios: Campaña organizada por ADETO coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o apoio do Concello de Tomiño. Bases da campañaDescarga establecementos_participantesDescarga
O comercio local enche de Tomiño de cor
ADETO celebra un festival o 6 e 7 de setembro na Praza do Seixo. O comercio local dalle cor á túa vila é o lema do festival que ADETO organizará o venres 6 e o sábado 7 de setembro na Praza do Seixo, en Tomiño. O evento comezará en horario de tarde os dous días e incluirá importantes novidades con respecto a anteriores feiras comerciais. Tanto o venres como o sábado na Praza do Seixo haberá postos de comercios e artesanía: xoias, moda, complementos, etc. todo de pequenos comercios e artesáns da zona. Ademáis, as persoas que se acheguen á praza poderán desfrutar de foodtrucks, animación musical e sorteos para os clientes do pequeño comercio. Para o venres está previsto o sorteo da campaña Pasaporte que se está levando a cabo durante o verán nos negocios de Tomiño con moito éxito. Pero ademáis na praza haberá cincuenta globos con vales de compra no seu interior para que os estoupen clientes que presenten un ticket de compra dese día en establecementos asociados a ADETO ou participantes na feira. A tarde do sábado servirá como colofón para o verán sobre todo para a infancia e a xuventude con inchable, holi party e […]
Papá, invítoche a almorzar
Do 6 ao 16 de marzo, merca nos comercios asociados a ADETO e invitámosche a almorzar!Rexistra o tícket da túa compra e entrarás no sorteo de tres vales para almorzar en:Bar Xuventud | Trece Tapas | La Dulcekatta | Olalá | Os Casqueiros| Dulcesán | Woody Pool | Nueva Colina | La de Maika. PARTICIPACIÓN PECHADA GRACIAS por mercar no comercio local. Socios ADETODescarga Bases da campañaDescarga Política de Privacidade
Este Nadal, merca con ilusión en Tomiño.
ADETO e o comercio local convidan aos seus clientes a vivir o Nadal en Tomiño, facendo as súas compras no pequeño comercio e desfrutando das actividades para toda a familia. O Nadal é unha época de ilusión para pequenos e maiores, un momento de compartir as alegrías. Por iso, a Asociación de Comerciantes de Tomiño lanza a campaña Nadal ADETO, na que se sortearán ata 1500 € en premios para repartir entre as persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ata o 4 de xaneiro. Esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, inclúe máis sorpresas: ADETO convidou ao mesmísimo Papá Noel a visitar Goián e o centro de Tomiño o mércores 21 e o xoves 22 respectivamente para facer as súas últimas compras nos negocios da zona e para que nenos e nenas poidan levarlle as súas cartas Ademáis, o día 30, o comercio local de Tomiño invita a todos os seus clientes e veciños a pasar unha tarde moi doce cunha Gran Chocolatada na Praza do Seixo, amenizada cunha actuación musical e con actividades para os máis pequenos. A receita deste Nadal está lista: Premios, Papá Noel e chocolate, para que o […]
Éxito na Festa do Comercio
O pasado 3 de setembro, centos de persoas acudiron á Praza do Seixo a celebrar a Festa do Comercio local organizada por ADETO. Dende primeiras horas da mañá veciños de Tomiño e dos arredores, así como os numerosos visitantes que nestas datas desfrutan das súas vacacións na zona, acudiron a desfrutar dos numerosos atractivos que ofreceu a renovada festa comercial. Ademáis dos numerosos postos de venta de xoguetes, moda, complementos e estética con novidades e descontos, os asistentes poideron desfrutar ao longo de xornada de demostracións deportivas a cargo de Meu Fit, música en directo con Manu Pereyra, postos de comida, sorteos… Ademais, os máis pequenos pasárono en grande no inchable de A Esgalla e na actividade que lles preparou Ma Nunú, así como no espazo de xogo libre preparado por Limón y Fresa. Mención a parte merece o desfile que concentrou as miradas das moitas persoas que se concentraron ao redor da alfombra vermella para aplaudir o bo facer das modelos e os xeniais estilismos de Morell 85, Ro&Ro, Confecciones Isabel, Lito Sport e Streetwise Babi, perfectamente complementados cos peiteados de Arte. Como colofón á Festa, a Master Class de Zumba fixo bailar a pequenos e maiores que non […]
O comercio de Tomiño invítate a querer(te).
Ante a proximidade do `Día dos Namorados’, ADETO refai a súa campaña Quére(te) moito invitando aos tomiñeses e tomiñesas a buscar nos establecementos da vila ideas para agasallar aos seres queridos ou, no nome do amor, agasallarse a un mesmo.
REBAIXAS DE INVERNO
Grandes descontos nos comercios de Tomiño Chegan as rebaixas de inverno ao comercio local. Os mellores descontos pero coa proximidade, atención e calidade de sempre. Aproveita as rebaixas e merca na tú vila: o mellor 2×1 posible!Adeto, xuntos medramos.
Os Reis Magos perden as capas en Tomiño.
Chega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.
Purificación Peluquería
Peluquería Unisex Purificación Peluquería Cortes clásicos ou novas tendencias, para un cambio de estilo ou para un evento especial, o que precises! Séguea nas redes sociais para poder ver os seus traballos ou visítaa na Rúa Gondomar, 17, no centro de Tomiño.
Ma Nunú
Servicios para a familia e a infancia. Presentámosvos este novo establecemento asociado: Ma Nunú. Un lugar de respeto e acompañamento para familias, infancia e adolescencia que xa está en Tomiño. Ioga no embarazo, belly-painting, talleres lúdico-educativos para nenos e nenas… e moito máis! Seguídeos nas redes sociais ou visitádeos en Av. Ordóñez, 53, en Goián.
O comercio de Tomiño vístese coas cores do outono
Nova campaña de dinamización do comercio local. O outono chega pouco a pouco e as súas cores inundan a nosa paisaxe, as rúas e tamén os negocios das nosas vilas. En Tomiño, o comercio local vístese de outono para unha nova campaña que premiará a fidelidade dos clientes. As cores do outono, que así se chama a campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia, propón un xogo aos clientes habituais do comercio tomiñés: Ata o 29 de outubro polas súas compras recibirán unha pegatina dunha determinada cor e un cartón con espazo para tres destas pegatinas. Aqueles que consigan tres cores distintas terán premio. As 50 primeiras persoas que o consigan e presenten o seu cartón nas oficinas de ADETO (de luns a venres en horario de mañá) recibirán un premio directo e ademais, entre todos os cartóns entregados ser sorteará un vale de 50€ para mercar no comercio asociado. Esta nova campaña enmarcase no plan de dinamización do comercio local de ADETO e busca animar aos veciños de Tomiño e arredores a mercar no comercio local e participar activamente na vida da vila. AsCoresDoOutono_Bases campañaDescarga Establecementos asociadosDescarga
O comercio de Tomiño fórmase en márketing e redes sociais para empresas.
Os socios de ADETO asistiron a dous talleres para mellorar a súa presenza online. ADETO en colaboración coa axencia de márketing Tu Consultor de Internet organizou duas formacións dirixidas a empresarios locais para axudarlles a potenciar a súa presencia en redes sociais e aumentar as súas ventas. As formacións, cofinanciadas pola Xunta de Galicia, tiveron lugar na sede de ADETO e nelas empresarios de distintos sectores puideron coñecer as últimas tendencias en márketing dixital e aprender estratexias para empregar as redes sociais para achegarse cada vez a máis clientes. Esta inciativa enmárcase no plan de actuación de ADETO de apoio e dinamización do tecido empresarial de Tomiño, impulsando a modernización dixital, a competitividade e o crecemento das pequenas e medianas empresas locais.
VOLTA AO COLE 100% LOCAL
Reúne catro tickets de compra do comercio local e recibe un premio directo. Comezou setembro e con el chega a volta ao cole: libros, mochilas, roupa, apuntarse ao ximnasio ou facer unha revisión dental. Todo o preciso para comezar o curso se pode atopar nos negocios de Tomiño. Por iso ADETO lanza a campaña Volta ao cole 100% local con premios directos para os clientes que reúnan catro tickets do comercio local e publicacións diarias nas redes sociais para axudar aos clientes do comercio local a atopar todo aquilo que precisan para prepararse para o curso que xa comeza. A campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño repartirá premios ata o 19 de setembro ou fin de existencias dos mesmos e anima aos veciños de Tomiño e arredores a facer as súas compras no comercio local atopando todo o que precisan coa axuda da plataforma LoPróximo. Bases da campañaDescarga Negocios participantesDescarga
