Noticias
adeto@info.es
O comercio local enche de Tomiño de cor
ADETO celebra un festival o 6 e 7 de setembro na Praza do Seixo. O comercio local dalle cor á túa vila é o lema do festival que ADETO organizará o venres 6 e o sábado 7 de setembro na Praza do Seixo, en Tomiño. O evento comezará en horario de tarde os dous días e incluirá importantes novidades con respecto a anteriores feiras comerciais. Tanto o venres como o sábado na Praza do Seixo haberá postos de comercios e artesanía: xoias, moda, complementos, etc. todo de pequenos comercios e artesáns da zona. Ademáis, as persoas que se acheguen á praza poderán desfrutar de foodtrucks, animación musical e sorteos para os clientes do pequeño comercio. Para o venres está previsto o sorteo da campaña Pasaporte que se está levando a cabo durante o verán nos negocios de Tomiño con moito éxito. Pero ademáis na praza haberá cincuenta globos con vales de compra no seu interior para que os estoupen clientes que presenten un ticket de compra dese día en establecementos asociados a ADETO ou participantes na feira. A tarde do sábado servirá como colofón para o verán sobre todo para a infancia e a xuventude con inchable, holi party e […]
Papá, invítoche a almorzar
Do 6 ao 16 de marzo, merca nos comercios asociados a ADETO e invitámosche a almorzar!Rexistra o tícket da túa compra e entrarás no sorteo de tres vales para almorzar en:Bar Xuventud | Trece Tapas | La Dulcekatta | Olalá | Os Casqueiros| Dulcesán | Woody Pool | Nueva Colina | La de Maika. PARTICIPACIÓN PECHADA GRACIAS por mercar no comercio local. Socios ADETODescarga Bases da campañaDescarga Política de Privacidade
Este Nadal, merca con ilusión en Tomiño.
ADETO e o comercio local convidan aos seus clientes a vivir o Nadal en Tomiño, facendo as súas compras no pequeño comercio e desfrutando das actividades para toda a familia. O Nadal é unha época de ilusión para pequenos e maiores, un momento de compartir as alegrías. Por iso, a Asociación de Comerciantes de Tomiño lanza a campaña Nadal ADETO, na que se sortearán ata 1500 € en premios para repartir entre as persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ata o 4 de xaneiro. Esta campaña, cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Concello de Tomiño, inclúe máis sorpresas: ADETO convidou ao mesmísimo Papá Noel a visitar Goián e o centro de Tomiño o mércores 21 e o xoves 22 respectivamente para facer as súas últimas compras nos negocios da zona e para que nenos e nenas poidan levarlle as súas cartas Ademáis, o día 30, o comercio local de Tomiño invita a todos os seus clientes e veciños a pasar unha tarde moi doce cunha Gran Chocolatada na Praza do Seixo, amenizada cunha actuación musical e con actividades para os máis pequenos. A receita deste Nadal está lista: Premios, Papá Noel e chocolate, para que o […]
Éxito na Festa do Comercio
O pasado 3 de setembro, centos de persoas acudiron á Praza do Seixo a celebrar a Festa do Comercio local organizada por ADETO. Dende primeiras horas da mañá veciños de Tomiño e dos arredores, así como os numerosos visitantes que nestas datas desfrutan das súas vacacións na zona, acudiron a desfrutar dos numerosos atractivos que ofreceu a renovada festa comercial. Ademáis dos numerosos postos de venta de xoguetes, moda, complementos e estética con novidades e descontos, os asistentes poideron desfrutar ao longo de xornada de demostracións deportivas a cargo de Meu Fit, música en directo con Manu Pereyra, postos de comida, sorteos… Ademais, os máis pequenos pasárono en grande no inchable de A Esgalla e na actividade que lles preparou Ma Nunú, así como no espazo de xogo libre preparado por Limón y Fresa. Mención a parte merece o desfile que concentrou as miradas das moitas persoas que se concentraron ao redor da alfombra vermella para aplaudir o bo facer das modelos e os xeniais estilismos de Morell 85, Ro&Ro, Confecciones Isabel, Lito Sport e Streetwise Babi, perfectamente complementados cos peiteados de Arte. Como colofón á Festa, a Master Class de Zumba fixo bailar a pequenos e maiores que non […]
O comercio de Tomiño invítate a querer(te).
Ante a proximidade do `Día dos Namorados’, ADETO refai a súa campaña Quére(te) moito invitando aos tomiñeses e tomiñesas a buscar nos establecementos da vila ideas para agasallar aos seres queridos ou, no nome do amor, agasallarse a un mesmo.
REBAIXAS DE INVERNO
Grandes descontos nos comercios de Tomiño Chegan as rebaixas de inverno ao comercio local. Os mellores descontos pero coa proximidade, atención e calidade de sempre. Aproveita as rebaixas e merca na tú vila: o mellor 2×1 posible!Adeto, xuntos medramos.
Os Reis Magos perden as capas en Tomiño.
Chega o Nadal e os Reis Magos de Oriente están facendo as súas compras e, como é ben sabido, mercan no comercio local e de proximidade. Se ti tamén mercas aquí, abre ben os ollos! se atopas as súas capas recibirás un regalo sorpresa.
Purificación Peluquería
Peluquería Unisex Purificación Peluquería Cortes clásicos ou novas tendencias, para un cambio de estilo ou para un evento especial, o que precises! Séguea nas redes sociais para poder ver os seus traballos ou visítaa na Rúa Gondomar, 17, no centro de Tomiño.
Ma Nunú
Servicios para a familia e a infancia. Presentámosvos este novo establecemento asociado: Ma Nunú. Un lugar de respeto e acompañamento para familias, infancia e adolescencia que xa está en Tomiño. Ioga no embarazo, belly-painting, talleres lúdico-educativos para nenos e nenas… e moito máis! Seguídeos nas redes sociais ou visitádeos en Av. Ordóñez, 53, en Goián.
Proxecto Activación do Comercio e Pemes de Tomiño
Somos conscientes de que a situación actual do comercio local e as pequenas empresas non é moi boa. A crise económica anterior, as multinacionais, as novas tecnoloxías ea globalización están creando unha situación insostible para os nosos negocios. Ao mesmo tempo, a pesar desta situación, outras empresas e empresas din que van facturar máis que nunca. Non se entende. As persoas detrás destas empresas están cansas, estresadas e esgotadas. Aqueles de nós que temos negocios debemos parar e pensar o que está pasando, por que está a suceder e que medidas debemos tomar para cambiar a situación. A asociación ADETO e o Concello de Tomiño reuníronse e decidiron por en marcha un programa de formación e asesoramento que intente cambiar a situación actual. Se pensas que podería ser interesante para ti e para o teu negocio non deixes de ir o vindeiro xoves día 11 de outubro ás 9 da noite á presentación do programa MÁS POSIBLE. Será no salón de plenos do concello de Tomiño. Alí explicaremos a que se refire este programa e a quen pode beneficiar.
ADETO firma un convenio de colaboración con Rodríguez & Alonso Abogados
A asociación e o despacho de avogados Rodríguez & Alonso Abogados, asinaron no día de hoxe un convenio de colaboración que terá como obxecto a prestación de asesoramento xurídico por parte do despacho de avogados, ós diferentes asociados a ADETO. Formalizouse deste xeito unha iniciativa da Asociación encamiñada a proporcionar os mellores servizos e prestacións para os asociados. Os beneficiarios do presente convenio serán tódolos asociados a ADETO. Deste xeito,os beneficiarios contarán entre outros cós seguintes dereitos como consultas gratuítas, relacionadas có ámbito profesional ou familiar en tódalas ordes xurisdiccionais, civís/mercantís, penais, administrativas; redacción, revisión e modificación de escritos e contratos; e defensa xurídica e asistencia a xuicio beneficiándose dun desconto do 20% sobre as tarifas por parte de dita empresa. Acceso a tarifas planas adecuadas ás necesidades de cada un, e poderán participar nas xornadas formativas divulgativas que se organicen De igual modo, a empresa prestarase a colaborar coa asociación na preparación e desempeño de actividades divulgativas e formativas tales coma charlas conferencias e xornadas de contido de actualidade xurídica e interés para os asociados. Todos aqueles socios que queiran solicitar unha cita, poden facelo a través do contacto da asociación ou directamente co despacho de avogados no teléfono […]
Fimamos co Concello acordo de profesionalización do Centro Comercial Aberto.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, e o presidente da Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (ADETO) David Vila Magán, asinaron o venres pasado un protocolo de colaboración co fin de mellorar a formación dos profesionais do comercio e a calidade da atención ao cliente. A acción tivo lugar na Casa do Concello, no marco do Mercado Comercial Aberto de Tomiño, ao ser considerada como unha actividade que contribúe tamén a mellorar o atractivo turístico da localidade Deste xeito, ambos organismos acordaron o desenvolvemento de actividades precisas, coma sesións de consultoría e mentoring directo e personalizado; acompañamento persoal e grupal na mellora profesional mediante coaching; sesións de mastermind; un encontro de networking; 10 sesións de formación sobre marketing, técnicas de venda, promoción e publicidade; cinco de asesoramento no uso das novas tecnoloxías, e unha charla-coloquio de impulso motivacional.
FESTA DO COMERCIO
Xa estamos preparando a festa do comercio!!!✌Se tes negocio, eres artesán ou pertences a unha asociación e queres participar, ponte en contacto con nos☎ 671 526 758📧 Info@adeto.org
XORNADA DE FORMACIÓN
Faite socio e participa sen coste ningún. Dirixido a Empresas Para máis información encha o formulario
En Negro contra as Violencias
Os establecementos de Tomiño inmplícanse na campaña Contra a Violencia de Xénero que tivo lugar dende o día 18 de novembro ata o día 25. Aquí vos deixamos imaxes dalgúns socios e establecementos.
EmpregonaRede
A “Asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería, Industria y de Centros Comerciales Abiertos de Tomiño” únese o proxecto para dar difunsión ó portal EmpregonaRede. A Xerente e a Presidenta de ADETO, mostráronse moi proactivas con esta plataforma de emprego, xa que pola súa labor chéganlle ofertas de emprego de empresas que necesitan candidatos. Dáselle a coñecer o funcionamento do portal. Alta de candidatos Sistemas de alertas de empregos. Alta da empresa. Alta de Ofertas de emprego. Publicidade e formulario de contacto. Para todos aqueles interesados este é o enlace: Inicio https://empregonarede.gal/
Nadal en Adeto
Comezamos a campaña “Nadal En Tomiño”. O Nadal comezou a percorrer os comercios de Tomiño. As festas veñen da man de dúas iniciativas que pretenden atrapar a atención dos veciños da localidade convidándolles a comprar no pobo, gozando da calidade e a variedade dos produtos que se venden en Tomiño, así como do trato e da proximidade dos comerciantes. Por unha banda a tradicional campaña de promoción comercial que ofrece agasallos aos consumidores. Este ano como novidade, a dinámica da acción promocional consiste no seguinte: a partir dunha compra mínima, que determinará cada establecemento adherido á campaña, o consumidor cubrirá o seu nome e teléfono nunha casa do cartón que cada establecemento ten á súa disposición, para participar no sorteo que se realizará o día 10 de xaneiro. Doutra banda, para facilitar as compras navideñas, os días 21 e 4 de xaneiro realizaranse actividades para os nenos. Nestes días iremos dando máis información. Adorno Nadal 2019
Comercios adheridos á Campaña de Nadal
Aquí vos deixamos un listado dos socios que este ano participan na campaña de Nadal. A participar todos!!!
Adorno Comercios
Con motivo das festas do Nadal, un ano máis os usuarios do centro de día do Concello de Tomiño realizaron unha adorno de Nadal decorativo para cada establecemento adscrito a ADETO. Este ano é a quenda das estrelas, feitas a man e con materiais de refugallo, foron creadas polos usuarios con apoio do persoal. Entre todos recompilaron o material necesario para crear os adornos. A entrega dos traballos fíxose este martes 17 de decembro, cando un grupo de usuarios achegaron as diferentes estrelas de Nadal aos seus destinatarios, xunto con algúns membros de ADETO.
Rebaixas de inverno
As REBAIXAS están aquí, con descontos ata o mes de marzo. Aproveita e non as perdas!!!!! O Concello de Tomiño vai colaborar con Adeto e ó longo destes meses Cecilia (Concello) irá visitando os distintos establecementos asociados que teñen rebaixas, para facer unha promoción dos mesmos nas súas redes sociais. Grazas ó Concello de Tomiño por esta iniciativa.
As rebaixas dos nosos socios
Hoxe vamos a dous establecementos: J. Carrera Decoración; comercio dedicado dende 1985 á venta de edredóns, sabas, cortinas, stores, alfombras, coxíns…con descontos até do 50%, e tamén ata La Reina Caracola, con un ano de antigüidade, ahí poderás atopar roupa, batas, pixamas, sacos para cadeiras, e moitas máis cousas para os nenos, con descontos interesantes..
Rebaixas en Calzados González
Hoxe imos de Rebaixas con ADETO e o Concello a Calzados González, na rúa A Guarda. Grandes descontos de até o 50% e nova zona de Outlet con ofertas especiais contigua á zapataría.
Rebaixas en Roupa Paredes
Seguimos de Rebaixas. Hoxe achegámonos até Roupa Paredes, con 50 anos de historia en Tomiño. Susana convídanos a descubrir na súa tenda roupa de home e muller (tallas entre a 42 e a 60), traxes de comunión, etc. con grandes descontos e ofertas especiais.
Rebaixas en Lito Sport
Convidámosvos hoxe a coñecer as rebaixas de Atmósfera Sport, na Praza da Mina. Amplia gama de artigos deportivos, todas as marcas para nen@s e adult@s. Grandes descontos de até o 50%. Grazas Cristina por amosarnos o local.